off
Cultura, Galiza, Língua, Literatura, Livros, Música — 27 Novembro, 2018 at 12:33 p.m.

Culturgal 11ª ed., do 30 de novembro ao 2 de decembro en Pontevedra

by

A 11ª edición da Feira das Industrias Culturais  disporá de máis de 80 stands dedicados a libro, música, teatro, audiovisual, infantil, tecnoloxía en horario ininterrumpido de 11:00h a 21:00h o venres e o sábado. O horario do domingo é de 11:00h a 20:00. Culturgal conta cun programa de ao redor de 120 actividades propias durante os 3 días: concertos, espectáculos familiares, encontros con escritores, estreas de filmes e moito máis. Todo nun recinto feiral de 4.875 metros cadrados.

Asociación Culturgal

Presidida por Manuel Bragado e constituída en 2010 para dar continuidade e estabilidade a unha feira que arrancara de maneira exitosa en 2007. Forman parte de Culturgal as asociacións profesionais máis representativas do sector: Asociación Galega de Editores (AGE), Asociación Galega de Empresas de Artes Escénicas (Escena Galega), Asociación Galega de Empresas Musicais (AGEM), Empresas Galegas Adicadas a Internet e ás Novas Tecnoloxías (Eganet), Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi). A Feira conta co patrocinio da Xunta de Galicia, a través da AGADIC e da Secretaría Xeral de Política Lingüística e do Concello de Pontevedra, e coa colaboración de diversas entidades e empresas.

Programación Culturgal 2018

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off