off
Cinema — 26 Novembro, 2018 at 9:14 a.m.

Morreu aos 77 anos o cineasta Bernardo Bertolucci

by

Realizador de filmes como “O derradeiro tango en Paris”, “Novecento”, “O derradeiro emperador” ou “O Conformista”


Bernardo Bertolucci, Jean-Luc Godard e Pier Paolo Pasolini

Bernardo Bertolucci morreu en Roma aos 77 anos, avanza o xornal La Repubblica . Bertolucci, que dirixiu filmes como  Os Soñadores, morreu na segunda-feira de mañá vítima de cancro, confirmou a sua relacións públicas, Flavia Schiavi. Unha carreira cinematográfica que remonta ao início dos anos 60, Bertolucci tornouse unha figura-chave da extraordinária nova onda italiana (a carón de Antonioni, Fellini e Pasolini), mas – excepcionalmente – fixo unha transición beb-sucedida en Hollywood, como The Last Emperor de 1987, que gañoou nove Oscars , incluindo mellor filme e mellor director, depois de ter sido indicado para o premio en 1974 co controverso O derradeiro tango en Paris. Poeta, produtor, guionista e cineasta era considerado undos mestres do cinema italiano, tendo no entanto traballado tamén en Hollywood. É, aliás, o único realizador italiano vencedor dun Óscar.

Bernardo Bertolucci nasceu a 16 de Marzo de 1940 na cidade italiana de Parma. O pai, Attilio, era profesor de história da arte, poeta e escritor, mas tamén un crítico de cinema e exerceu sobre el grande influencia. Aos 15 anos, comezou a dedicarse à escrita, tendo chegado a gañar diversos prémios literários, entre eles o Prémio Viareggio atribuído a unha primeira obra. No entanto, abandonou o curso de Literatura Moderna na Universidade de Roma para se dedicar ao cinema. A entrada nese novo reino deuse pola mao de Pier Paolo Pasolini, que, retribuindo a axuda que o pai de Bertolucci lle prestara na publicación do seu primeiro libro, o contratou para asistente de realización do seu primeiro filme, Accatone.

O Conformista  marcou o início da colaboración de Bertolucci co director de fotografia Vittorio Storaro (que tiña sido operador de cámara en Antes da Revolución).

 

É asi que en 1962, aos 21 anos, realiza a sua primeira obra, La Commare Secca, un mistério policial en torno do asasinato de unh prostituta, baseado nun argumento de Pasolini e  bastante influenciado por el. O filme, ainda, foi un fracaso de público e crítica. O seguinte, Antes da Revolución, xa gañou prémios en Cannes, onde foi saudado pola crítica francesa como unha homenaxe á escola dos Cahiers du Cinéma. A influencia de Godard permaneceria en Partner (1968), unha adaptación libre de O Duplo, de Dostoiévski.

Séguense obras como A estratexia da araña (1970) -baseado nun conto de Borges- e O Conformista (1970), que lle valeu unha nomeación para o Oscar de Mellor Argumento Adaptado, O derradeiro tango en Paris (1972), protagonizado por Marlon Branco e Maria Schneider,   1900 (1976), con interpretacións de Burt Lancaster, Donald Sutherland, Robert De Niro e Gérard Depardieu.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off