off
Cedeira, Feminismo, Movementos sociais — 24 Novembro, 2018 at 12:23 p.m.

Cedeira en Negro no Dia Internacional pola Eliminación da Violencia contra a Muller

by

O Concello de Cedeira adírese á campaña cunha acción capaz de crear redes e implicación social contra as violencias machistas. Hoxe ás 16.30h as embarcacións do Club de Remo farán un percorrido marítimog e gardarán minutos de silencio con remos en alto en homenaxe ás vítimas.O domingo 25 de novembro lerase un manifesto nun acto acompañado da música de Iria e Dopazo


O 17 de decembro de 1999 a Asemblea Xeral das Nacións Unidas declarou o 25 de novembro como Dia Internacional pola Eliminación da Violencia contra a Muller, convidando a gobernos e organizacións a desenvolver actividades dirixidas a sensibilizar á poboación respecto da situación de violencia na que viven moitas mulleres.

O Concello de Cedeira participa, xunto a outras 101 administracións locais e as Deputacións da Coruña, Lugo e Pontevedra, na campaña “En Negro contra as Violencias” co obxectivo de sensibilizar á poboación respecto da situación de violencia na que viven moitas mulleres e para poñer nas axendas a agresividade machista como un problema público e que afecta a toda a sociedade. Dende o ano 2008, as cifras oficiais rexistran 619 asasinatos machistas no conxunto do Estado e 43 en Galiza e, no que vai de ano, a violencia contra as mulleres acabou coa vida de 10 menores.

Os edificios municipais levan dias vestindo de loito por todas as mulleres que sofren violencia. Distribuironse cartaces cos lemas “Cedeira en Negro”, “Non abuses”, “Non Violes” en negocios, comercios e locais de hostalaría. As persoas que o desexen tamén poderán vestir de negro contra o feminicido. O executivo local convida a veciñas e veciños  secundar unha iniciativa que dará comezo ás 12 do mediodía e na que tamén tomarán parte representantes da corporación.

Implicación social
O Concello  colabora co Club de Remo  na celebración dun “adestramento contra a violencia de xénero” que terá lugar este sábado e que incluirá un minutos de silencio con remos en alto en homenaxe ás vítimas e un percorrido marítimo polo conxunto das embarcacións participantes. A actividade dará comezo ás 16.30 horas e terá o seu punto de partida fronte O Ramón.

 

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off