off

Mais de 120 catedráticos e profesores de dereito recusan acusacións de rebelión e sedición contra os prisioneiros catalás

by

Os signatários denuncian a “idea persistente para definir a existencia de violencia no Procés” . Centenas de catedráticos e profesores de dereito de universidades españolas -entre eles o asinaran un manifesto rexeitando a acusación polos crimes de rebelión e sedición aos líderes independentistas que xulgarán o Supremo Tribunal por non se daren o elemento necesário de violencia no proceso soberanista, como Eldiario.es avanza. Intitulado “A banalización de crimes de rebelión e sedición”, avogados alertan que a interpretación que fixeran a  acusacion e avogacía “abre a porta para a banalización” dos crimes “practicamente descoñecido na democracia e dun pasado de triste lembranza “, en referencia ao coronel Tejero e os outros participantes do golpe de estado do 23-F .

Entre os promotores do documento o profesor de dereito penal na Universidade da Coruña José Ángel Brandariz e profesores de dereito penal das universidades de Jaén, Castilla-La Mancha e Granada, Guillermo Portilla, Nicolás García Rivas e Maria Luisa Maqueda; e de Valencia,  Javier Mira Benavent. Ao texto, tamén aderiron profesores de dereito penal en varias universidades españolas, como Manuel Cancio (Universidade Autônoma de Madrid), Jacobo Dopico (Universidade Carlos III), Luigi Foffani (Universidade de Modena), Patricia Laurenzo (Universidade de Málaga) ou Joan Queralt (Universidade de Barcelona).

O manifesto suliña, como fixeran un cento de académicos ao comezo da causa, a falta de competencia dea Audiencia Nacional – instancia que recibiu as querelas contra os ex-consellers e ordenou os primeiros encarceramentos provisionais para pescudar o 1-O.

Academicos reclaman, alén diso, que a acusación torna “crime  o exercício dos dereitos fundamentais”, como a reunión e manifestación que o plano para a independencia previa , segundo a acusación, o uso de “violencia necesária” através dos Mossos e as manifestacións “tumultuárias” do Omnium e do ANC. “Para a acusación o perigo encontrase no sentido de incentivar as manifestacións”, suliñan no manifesto, e recusan, a diferencia do ministerio públcio, que a concentración en frente ao Ministério da Economia en 20 de setembro e os dias 1 e 3 de outubro “non dé orixe a violencia exixida” para crime de rebelión “Todo o que até agora ten provado a acusación é que todos os protestos feitos só procuraban un referendo através de meios democráticos e pacíficos”, acrescentando os académicos, que perceben nos fiscais a “idea persistente para definir a existêencia de violencia para o Procès “.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off