off
Galiza, Movementos sociais — 20 Novembro, 2018 at 10:44 a.m.

Greve na televisión e radio pública galega

by

Os días 20, 22, 24, 26, 28 e 30 deste mes, e tamén o 2 de decembro, a greve será en paros de 2 horas por quenda, afectando todas as quendas.O comité Intercentros da CRTVG chama a todo o persoal dos medios públicos de Galiza a participar nos paros. O comité considera que foi a dirección actual quen forzou esta convocatoria ao adoptar sucesivas actuacións “que evidencian unha intención de desmantelamento do servizo público de medios de comunicación”


Hoxe comeza a primeira das sete xornadas de paros parciais dos traballadoras e traballadores da CRTVG e que terán continuidade con folgas de 24 horas os días 19 e 22 de decembro. O comité intercentros impugnará os servizos mínimos por abusivos.  Nas dúas xuntanzas entre comité e empresa non houbo acordo. Os servizos mínimos van ser impugnados, anuncian desde o comité intercentros, pois considéranos abusivos e que vulneran o dereito á folga. A empresa xa foi condenada por feitos similares: o TSXG anulara o Decreto de servizos mínimos ditados pola Xunta para a xornada de greve de Mulleres convocada o pasado 8 de Marzo.

Demandas

Centradas na recuperación da produción propia interna e na supresión da externalización da produción e servizos. Outras das reivindicacións afondan máis no laboral, como as que atinxen a garantía de mantemento do emprego, a fin da utilización “fraudulenta” de bolseiras ou a negociación do cadro de persoal e mantimento do emprego.

A defensa da CRTV como medio público e independente tamén é unha das demandas destes paros. O persoal exixe a “fin da política represiva” ou a fin da “manipulación informativa”, ao tempo que se reclama a creación do consello de informativos e o estatuto profesional contemplados na Lei 9/ 2011.

Tags

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off