off
Ecoloxía, Galiza, Medio ambiente — 15 Novembro, 2018 at 15:14

O Concello de Cedeira poderá presentar alegacions para evitar que a praia da Madalena sexa totalmente urbana

por

Hai tres anos SomosCedeira alertábao  no artigo “A Xunta pretende que a Madalena sexa totalmente urbana”. Neste momento está en fase de alegacións o proxecto de decreto da Xunta sobre catalogación de praias e como temía a plataforma cidadá Somos Cedeira, a da Madalena podería perder toda esperanza de preservación. Como é sabido o que históricamente lle sobra a  Cedeira  é o exceso de solo urbanizable e urban e non tería sentido que logo de recuperar parcialmente as Saiñas se perdera  o treito natural da praia,dende a altura da escola Nicolás del Río até San Isidro, debe ser calificada como treito natural. 

Coloreado da praia da Madalena con maré baixa

Ao respecto a lei e clara e amosa que a práctica totalidade da praia da Madalena debe calificarse como natural: Real Decreto 876/2014, de 10 de outubro, polo que se aproba a  Regulación Xeral de Costas Artigo 67. Catalogación dos tramos naturais e urbanos das praias. A catalogación das partes naturais e urbanas das praias será establecida pola autoridade competente en materia de ordenación do territorio, que deberá ter en conta o carácter urbanizado ou rural das terras contiguas a cada unha das seccións, así como o seu grao de protección ambiental

Porén, precisamente ao ditado da tipificación recollida no artigo 67 do Regulamento Xeral de Costas, non son contiguos os terreos xa que están os marouzós (os tarais) e o seu correspondente grau de protección ambiental. No gráfico a seguir pódese ver que onde SC propós treito natural non hai urbanización “contigua”. Razón pola cal o Concello de Cedeira debería alicerzar con máxima dilixencia as súas alegacións. De non ser así a expectativa que se presenta é ben triste porque renunciaríase a decidir se conservala ou destruila,  espila, vestila ou trasvestila.Porque non só é importante porque afecte á nosa esencia xeográfica, ambiental, cultural, ética ou estética, paisaxística, mas porque afecta á nosa capacidade de autogobernarnos, quer dicir, ir alén da esgotada fórmula “sol e praia” (que nunca foi a nosa) para decidir se ensarillamos medio ambiente e desenvolvimento social e económico sustentabel.

Repárese na praia de Arealonga, afogada entre infraestructuras  portuarias, mas é considerada “natural”, porén a Madalena, ainda tendo o cordón verde de traspraia en case todos os seus 1400 metros  de comprimento, acabaría sendo “urbana”, coas consecuencias lesivas que iso tería para a súa conservación ambiental e para a própria ria de Cedeira. A súa preservación precisa, como acontece na praia grande Miño, a súa división en dous treitos, urbano e natural. No artigo de 2016 xa se valoraba a posibilidade de “aceptar a calificación da tramo urbano para a contorna inmediata á praza Roxa, ao non haber separación algunha entre a praia e a zona urbana.

Praia grande de Miño, un exemplo real de proposta

Neste espazo é onde se desenvolven no verán actividades deportivas e diversos eventos” mas tamén se alertaba de que sendo declarada urbana na sú totalidade “podería dar lugar a ocupación indiscriminada e a proliferación de chiringuitos e pasarelas, así como  a desprotección da contorna natural actualmente existente, non só da beira da praia mas tamén do paseo marítimo. O que suporía un serio problema ao entrar nun punto de non retorno.”

 

Que facer?

A postura final artellada por Somos Cedeira en base ao argumentario exposto consiste en NON aceptar a calificación que se propón no borrador do decreto citado (tramo “urbano” para toda a praia), propoñendo como se fixo noutros lugares, dous tramos prefectamente diferenciados:

  • Tramo 1: Por non existir separación entre a praia e as edificacións. Ámbito: da Praza Roxa até a Escola Nicolás del Río: URBANO

 

  • Tramo 2: Para coidar e preservar o espazo verde patrimonio natural de Cedeira, da beiramar ao paseo marítimo. Ámbito: Dende a Escola Nicolás del Río até o sur da praia (San Isidro): NATURAL


Se queres saber as consecuencias  de declarala urbana podes  ler estes artigos e a secuencia de publicacions sobre a Desfeita da Praia da Madalena

“A Xunta pretende que a Madalena sexa totalmente urbana”

Un verán máis sen estudo para a praia da Madalena de Cedeira

Deixar unha resposta

Ten que ser rexistrado para publicar un comentario.

off
A %d blogueros les gusta esto: