off
Economía, Galiza, Movementos sociais, Política, Politica espanhola — 8 Novembro, 2018 at 9:56 a.m.

O BNG convoca concentracións contra a decisión do tribunal supremo

by

As concentracións terán lugar este xoves 8 de novembro nas sete grandes cidades galegas ás 20.00 no lugar que se determine en cada unha das urbes do país, convocadas polo BNG para protestar por unha sentenza que consideran ”  a favor da banca e contra das persoas” e que evidencia unha xustiza “supeditada ao poder do capital”. 

A formación da esquerda nacional galega  aposta por unha mobilización masiva contra esta falcatruada xurídica se precedentes en contra da maioría social, que evidencia a baixa calidade democrática do Estado español e até que punto a xustiza está supeditada ao poder do capital, verdadeiro poder que xa nin se molesta en disimular a súa capacidade de torcer sentenzas xurídicas ao máis alto nivel. O BNG lembra outras estafas bancarias recentes, como a das preferentes e subordinadas, que motivou unha mobilización social exemplar, contundente e constante por parte da sociedade galega, logrando a recuperación da maior parte do diñeiro estafado. Por iso, a formación nacionalista insta a responder na rúa con contundencia a decisión do Tribunal Supremo a favor da banca e en contra das persoas hipotecadas.

 

Unha vez máis, a banca logra impoñer o seu criterio a costa dos millóns de persoas hipotecadas no que ben pode ser interpretado como unha nova modalidade de estafa aos usuarios e usuarias, logrando torcer unha sentenza xurídica que cualificaba de abusiva a cláusula da Lei hipotecaria que obriga á persoa que pide unha hipoteca asumir o imposto de actos xurídicos documentados.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off