off
Cedeira, Comunidades Galegas, Historia, Política local — 8 Novembro, 2018 at 11:20

O Concello de Cedeira restaura as escolas de indianos de Esteiro e Piñeiro

por

[Pingota Comunicación] O Concello de Cedeira está a levar a cabo un labor de conservación dos centros sociais coa realización de obras que axuden a súa conservación e uso. O goberno municipal entende que “se trata de espazos que favorecen a convivencia, fomentan a cultura e axudan a manter viva a memoria colectiva”.

Na actualidade, esta política estase a materializar nos antigos escolares de Piñeiro e Esteiro, cuxo importe de adxudicación ascende a 59.470 euros. Trátase dun paquete de actuacións que, executadas pola empresa Carpintería López e Villadóniga, contribuirán á conservación da carpintería interior e exterior das dúas escolas. Basicamente a intervención consistirá na restauración de portas, ventás e contraventás de edificios que foron construídos a principios do século XX co diñeiro da emigración.

Os traballos comprenderán a retirada da pintura, a substitución da madeira e dos elementos deteriorados, a recuperación das ferraxes e a aplicación de aceites vexetais e de ceras naturais para garantir a súa conservación.

O goberno de Cedeira anuncia a súa intención de trasladar este tipo de accións a outras sedes, por considerar que forman parte dos seus compromisos coa veciñanza en materia social.

A sociedade “Hijos del Ayuntamiento de Cedeira en La Habana” financiou a construción do escolar de Piñeiro, un edificio do ano 1927 e que hai pouco recuperou a placa conmemorativa. A construción do escolar de Esteiro remóntase ao ano 1924 e estivo financiada pola “Sociedad de la Ilustración e Beneficiencia Progreso”, con sede en La Habana.


Ao mellor tamén che interesa

Luces de alén mar. As escolas de americanos en Galicia

Reparación do tellado e beiril da Escola de Esteiro

A subdirectora xeral de enerxía descarta ubicar a Planta de Gas en Esteiro

A Asociación de Veciños de Esteiro recollerá sinaturas contra a ubicación da Planta de Gas

Escola de Esteiro

Instalan estufas de biomasa nos locais veciñais

Deixar unha resposta

Ten que ser rexistrado para publicar un comentario.

off
A %d blogueros les gusta esto: