A mostra estará aberta até o 3 de febreiro en Santo Domingos de Bonaval (Santiago de Compostela)
San Domingos de Bonaval acolle desde hoxe a exposición “Alba de Gloria”, que recrea e explica o coñecido discurso de Castelao. A mostra, organizada polo Consello da Cultura Galega e comisariada por Manuel Gago, pretende plasmar, dun xeito inédito en Galicia e empregando tecnoloxía innovadora, a alocución que Castelao pronunciou en 1948 en Bos Aires e que encerra en si mesmo dous grandes valores: por unha banda, ser unha peza clave para a oratoria en lingua galega e, por outra, ser tamén unha alocución fundamental na traxectoria de Castelao, na que recrea unha especie de Santa Compaña galega ao enumerar as figuras relevantes que axudaron a configurar a cultura galega.