Neste mes de novembro Ollaparo volve aderirse á campaña de sensibilización contra o andazo da violencia machista. Ainda que a revista xa ten o negro coma cor principal, a nosa cabeceira lucirá o logotipo ‘En negro contra as violencias machistas’
Dende o seu inicio en 2015, esta campaña nada en Compostela, foise expallando por toda Galiza.Hogano son máis de cen concellos adheridos e 3 deputacións provinciais. No 2017, a participación de establecementos, negocios, asociacións, centros educativos, e axentes sociais foi masiva. Así, os comercios e lugares públicos, visten os seus espazos co material da campaña, que en letras brancas sobre fondo negro, co logotipo creado pola deseñadora Uqui Permui, reflectían a orixe da violencia machista e as súas consecuencias; as redes sociais son tamén durante días un espazo de denuncia.