“Franco matou moitísima xente”, dixo o artista Henrique Tenreiro , que foi arrestado por axentes da Garda Civil
O escultor galego Henrique Tenreiro foi detido despois de pintar unha pomba da paz de cor vermella e ‘Por la libertad’ acima da lousa do ditador Francisco Franco, que preside o altar maior da basílica do Valle de los Caídos. Despois de ver quen pintaba sobre a tumba, dous axentes de seguridade privada prendérono e avisaron a Guada Civil. Tamén se achegou a ele un dos freires da basílica para dicirlle que non podia facer iso en lugar sagrado.
”É o meu grao de area para aliviar a dor dos perdedores dunha guerra civil que non debeu producirse”, explicou o artista.