off
Sen categorizar — 31 Outubro, 2018 at 3:03 p.m.

Artista galego detido por pintar unha pomba da paz vermella na tumba de Franco

by

“Franco matou moitísima xente”, dixo o artista Henrique Tenreiro , que foi arrestado por axentes da Garda Civil


O escultor galego Henrique Tenreiro foi detido despois de pintar unha pomba da paz de cor vermella e  ‘Por la libertad’ acima da lousa do ditador Francisco Franco, que preside o altar maior da basílica do Valle de los Caídos. Despois de ver quen pintaba sobre a tumba, dous axentes de seguridade privada prendérono e avisaron a Guada Civil. Tamén se achegou a ele  un dos freires da basílica para dicirlle que non podia facer iso en lugar sagrado.

”É o meu grao de area para aliviar a dor dos perdedores dunha guerra civil que non debeu producirse”, explicou o artista.

Comments are closed.

off