off
Feminismo, Galiza, Mar e Pesca, Movementos sociais — 31 Outubro, 2018 at 19:57

A policia carga contra as traballadoras de elaborados do mar en Marín

por

Dúas mulleres trasladadas ao hospital e varias contunsionadas é o resultado das cargas. As empresas de elaborados do mar están a contractar traballadoras de ETTs para romper o paro

As traballadoras de #Cabomar volven paralizar a factoría sen ceder ás coaccións do empresario J. L. Freire, xefe da patronal #Conxemar e  a policía española carga no porto de Marín contra un piquete de traballadoras ao pé da empresa.

Dende o primeiro momento a patronal tentou boicotear a folga de #ElaboradosDoMar aproveitándose da vulnerabilidade do persoal de ETTs e de varias dotacións policiais. Mais hoxe, terceiro día de folga foron ao enfrontamento coas traballadoras e varias xa tiveron que ser levadas en ambulancia e moitas outras sufriron contusións. Mais a actuación policial non variou e coa entrada da quenda de mañá houbo serios enfrontamentos.

Xavier Aboi da CIG afirmou que “a Xunta continúa sen atender a nosa petición de forzar a unha patronal cavernícola e prepotente a dialogar. A administración debera preocuparse por un sector que representa só en Galiza o 80% de todo o estado e afecta a máis de 7000 traballadoras, e deixar de decir que Galiza está mellor ca nunca cando estas traballadoras son a mostra de que non e seguen dando exemplo loitando polos dereitos máis básicos”.

A CIG reclama  un “convenio colectivo galego” para un sector de  9.500 traballadoras –o 75% das plantillas está formado por mulleres– en toda o estado español, la maioría delas empregadas en empresas de Galiza.

Alén das reclamacions salariais –os sindicatos propoñen incrementos graduais para que as traballdoras poidan acadar  14.000 euros anuais–, reclaman a “recuperación de dereitos perdidos” e medidas sociais de conciliación, reducción de xornada, licenzas,e outras melloras.

Os comentarios están pechados

off
A %d blogueros les gusta esto: