off
Cedeira, Cultura, Festas — 30 Outubro, 2018 at 9:57 a.m.

Cedeira celebra o Samaín con obradoiros, concursos e o enigma do “Escape room”

by

[Pingota Comunicación]O Concello de Cedeira organiza para os días 2 e 3 de novembro a festa do Samaín, unha celebración que chega este ano a súa XXIX edición e para a que o goberno local conta coa colaboración da Asociación Amigos de Samaín, da ANPA Picapeixe, da Deputación e, a título individual, con moitos veciños e veciñas da vila. Desde hoxe  até o mércores 31 a convocatoria dará lugar a obradoiros abertos á participación interxeracional,  nais, pais e alumn@s da Escola Pública Nicolás del Río. A elaboración de chapas, o tallado de cabazas e a confección de cadeas de pantasmas son algunhas das actividades previstas.
Ao programa incorpórase este ano un “Escape room”, unha actividade  que consiste en introducir a un grupo de persoas nun cuarto pechado do que só poderán saír resolvendo enigmas. Cada sesión ten unha duración de 45 minutos, polo que haberá que facer a reserva a través do correo amigosdesamain@gmail.com e no que debe figurar o número persoal dos solicitantes. Os equipos terán un mínimo de 3 e un máximo de 5 persoas. As prazas son limitadas e a actividade desenvolverase entre hoxe e o sábado 3 de novembro en horario de mañá e tarde.

O venres  2 haberá obradoiros de zonchos e pintura na carpa instalada no paseo da Mariña,a partir as 18,00 horas, e a actuación de Paco Nogueira, co espectáculo Bule, Bule, despois das 20.00 horas.
A xornada comezará con traballos de decoración na zona do paseo marítimo e coa apertura do prazo de inscrición para tomar parte na xincana, que estará aberto entre as 12.30 e as 13.30 horas. A partir das cinco da tarde sucederanse as actividades. Así, celebrarase o certame de melóns tallados, a tradicional merenda de outono -requeixo con mel e bola de azucre-, a xincana infantil e o obradoiro de maquillaxe. O pasarrúas pola Vila Vella dará comezo ás 20.00 horas e o finalizar no mesmo terá lugar a entrega de premios ás mellores cabazas e aos gañadores da xincana infantil.

O programa prolongarase até a xornada do domingo,  na que Auditorio municipal acollerá a  representación da obra “Patapatum” pola compañía Elefante Elegante. Será ás 18.00 horas.

Comments are closed.

off