off
Cedeira, Cultura, Teatro — 26 Outubro, 2018 at 7:42 a.m.

“Terapia de bar” pecha este sábado o ciclo de Teatro Afeccionado de Cedeira

by

[Pingota Comunicación] O ciclo de Teatro Afeccionado, organizado por Teatro da Vila (Cedeira), pechará este sábado (día 27) coa representación da obra “Terapia de Bar” polo grupo O Aturuxo de Melpómene, ás 20.00 horas no Auditorio municipal. O prezo da entrada é de dous euros. Trátase dun texto de José Luis Prieto, que conta a historia do bar “Da costa”, que non está na costa senón perdido no medio do monte, lonxe de calquera sitio, onde rara vez para ninguén e, cando o fai, non volve nunca máis. A propietaria do establecemento e os seus dous únicos clientes habituais, movidos polo aburrimento e tamén polo seu desequilibrio psíquico, deciden converterse en salvadores da humanidade e elaboran un plan para eliminar do mundo os vicios que, segundo eles, son os culpables de todos os males do ser humano: o xogo (aínda que sexa a brisca), os avances tecnolóxicos (aínda que só sexa unha chamada polo móbil) e a ambición desmesurada polo diñeiro (aínda que o único síntoma sexa non deixar a propina axeitada).

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off