off
Galiza, Movementos sociais, Política — 25 Outubro, 2018 at 12:15

Gómez-Reino imponse a Bescansa nas primarias de Podemos Galicia

por

O pablismo imponse en Galiza. Antón Gómez-Reino, actual portavoz de En Marea no Congreso, imponse co 55% dos votos nun proceso no que participaron 3.169 persoas, cifra semellante á da anterior votación para elixir executiva, segundo dados da axencia Efe. O deputado era a opción preferida no espazo de confluencia autonómico e nas candidaturas municipalistas. Bescansa, antiga aliada e cofundadora da organización e hoxe representate do sector crítico, volve perder diante do secretario xeral e de Gómez-Reino, mellor coñedor da estructura organizativa dos morados e estabilizador do denominado “espazo do cambio” que xungue as forzas de En Marea e as candidaturas municipalistas. En Marea celebrará o vindeiro sábado o plenario co que comezará tamén a renovación na súa dirección

Deixar unha resposta

Ten que ser rexistrado para publicar un comentario.

off
A %d blogueros les gusta esto: