off
Cedeira, Cultura, Teatro — 19 Outubro, 2018 at 7:14 a.m.

Teatro Semente representará este sábado “HTC(Hoxe toca rir)” no Auditorio de Cedeira

by

O Ciclo de Teatro Afeccionado terá continuidade este sábado, día 20, coa posta en escena da obra “HTC (Hoxe Toca Rir)” a cargo da agrupación Teatro Semente (Neda). Será ás 20.00 horas no auditorio municipal e o prezo da entrada é de dous euros.
Trátase dunha obra sobre a violencia de xénero. Unha representación que se interrompe por momentos para que un grupo de vítimas doutros tempos animen, critiquen e reflexionen sobre o pasado, o presente e o futuro da muller.

O ciclo, organizado polo grupo Teatro da Vila, pecharase o día 28 coa interpretación do grupo O Aturuxo de Melpómene (Narón) do texto “Terapia de bar”.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off