off
Economía, Galiza, Movementos sociais, Traballo — 17 Outubro, 2018 at 12:39 p.m.

Alcoa fechará fábricas de Coruña e Avilés

by

Os operarios inician  mobilizacións contra a decisión  na Coruña e concéntranse para impedir a a entrada de camións con materia prima. Alcoa mantería operativa de momento a de San Cibrao.No entanto, recebiu diñeiro público nos últimos 10 anos.


A administración da Alcoa transferiu ao Comité Europeu sua decisiónde fechar suas fábricas en Aviles e Coruña, que empregan 400 e 300 persoas, respectivamente, informaran fontes sindicais. Os sindicatos das tres fábricas da multinacional  en Galiza, na Coruña e San Cibrao (Lugo),  Avilés en Asturias,  foran convocados esta tarde pola administración para detallar a decisión. Segundo fontes sindicais  un dos argumentos apresentados pola multinacional é o alto preçzo da enerxía (seica a factura enerxética supón 50% dos seus custos de produción), ben como a matéria-prima, a alumina.

Desde o comité de empresa da planta da Coruña, o seu presidente Juan C. López Corbacho manifestou ao trascender a noticia que o fechamento irá acompañado de despedimento colectivo para os operarios de ambas as dúas factorías. “Non partillamos as causas que alega a empresa”, manifestou, ao tempo que denunciaba a “inacción da Xunta”.

Hai agora dous anos o Comité da fábrica de Alcoa en San Cibrao remetía un escrito ao Presidente da Xunta de Galiza solicitándolle unha xuntanza para tratar as incertezas e amezas que pesan sobre o sector do aluminio e trasladar a preocupación dos traballadores/as ante as intencións da multinacional de pór á venda as plantas galegas, mais non recibiu resposta por parte do Presidente Núñez Feijoo, a pesar do peso económico que a produción básica de aluminio ten para o noso país. Nuñez Feijoó limitouse a dicir até o momento que é unha “moi mala noticia”e anunciou  coordinación co Goberno de Asturias na defensa das dúas factorías.

Segundo Ana Pontón (BNG): “É un disparate que se vete á tarifa eléctrica galega mentres hai empresas nas que perigan centos de postos de traballo polo prezo da electricidade”.

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, anuncia a convocatoria dun pleno extraordinario e anunciou a través das redes sociais que se pon a disposición “do cadro de persoal de Alcoa para facer fronte común en defensa do emprego e pola continuidade da actividade da planta”.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off