off
Cedeira, Cultura, Movementos sociais, Política local, Xente — 16 Outubro, 2018 at 06:59

Mocidade de San Román de Montoxo crea asociación de veciñ@s

por

[Pingota Comunicación] Segundo o goberno municipal “contribuirá á dinamización da parroquia, porque velará polos intereses dos veciños e porque coas súas accións mellorará a calidade de vida dos seus habitantes”. Así o puxeron onte de manifesto a concelleira de Cultura, María Xosé Rodríguez Pérez e o alcalde, Pablo Moreda Gil, na reunión mantida coa directiva constituínte, formada principalmente por xente moza. Esta boa acollida por parte do executivo local púxose de manifesto co compromiso da cesión en precario do escolar da parroquia e coa execución dalgunhas obras para facer do mesmo un lugar de encontro e de reunión de persoas de todas as idades de San Román. Dentro deste apartado falouse da realización de obras para a acometida de auga e para a conexión á rede de saneamento. Os responsables municipais tamén deron conta no transcurso da reunión das posibilidades que existen para que esta nova entidade poida acollerse ás subvencións públicas coas que o goberno municipal busca fomentar a cultura e o deporte a través das axudas que, en libre concorrencia, se reparten entre as asociacións locais.

Deixar unha resposta

Ten que ser rexistrado para publicar un comentario.

off
A %d blogueros les gusta esto: