O Concello decretou tres días de luto, as bandeiras oficiais xa están a ondear a medio mastro e tamén foran desconvocadas todas as actividades previstas para o día de hoxe
Cedeira acompaña na dor ás familias dos tres rapaces mortos en accidente de tráfico
[Pingota Comunicación] O goberno de Cedeira traslada o seu máis sentido pésame ás familias dos tres rapaces finados na mañá de hoxe no accidente de circulación na estrada AC-566. O executivo quere sumarse así ao sentimento de dor e tristeza que reina entre os veciños e veciñas, familiares, amigos e compañeiros das vítimas desde que se tivo coñecemento do fatal suceso. O alcalde, Pablo Moreda Gil, recoñeceu que a xornada de hoxe está sendo o día máis duro desde que está á fronte da Alcaldía por tratarse dun terrible accidente que se leva por diante a xente moza, ben coñecida na vila e tres proxectos vitais fustrados a unha idade moi nova.