off
Cedeira, Galiza, Xente — 9 Outubro, 2018 at 08:46

María Xosé Rodriguez proclamada candidata do BNG ás eleicións municipais de 2019 en Cedeira

por

O BNG oficializa  como alcaldabel en Cedeira a Maria Xosé Rodriguez. Aposta por presentar un proxecto propio ás eleccións municipais


A nacionalista María Xosé Rodríguez,nunha foto recente a carón da “pedra formosa”, o importante descubrimento arqueolóxico do Campo do Castro

Esta é unha das principais conclusións da asemblea plenaria que a esquerda nacionalista de  Cedeira celebrou o pasado verán. Rodríguez reafirma que quere reapresentarse como candidata á alcaldía de Cedeira despois de avanzar que a asemblea local do BNG vén desenvolvendo ao longo desta lexislatura un proceso de reflexión  do que significa participar nun goberno de amplos consensos encamiñado a asentar as bases dun  “proxecto de mudanza en Cedeira, sempre desde unha perspectiva aberta e feminista, transversal en todas e cada acción política do BNG, posibilitando o progreso e benestar da maioría social de Cedeira nun marco programático que defende os intereses do pobo galego e de Galiza como nación, mas sempre desde a implicación permanente das persoas na acción de goberno, procurando e asegurando a súa capacidade de decisión política. Non entendo a política doutro xeito”, afirma.

A actual concelleira de Cultura do Concello de Cedeira declarou a Ollaparo que as políticas desenvolvidas desde as concellerias de Cultura e de Asuntos Sociais, malia as dificultades estructuaris, precisan consolidarse tamén noutros eidos: para ir revertendo todas as privatizacións e externalizacións de servizos, decidir na base produtiva e económica de Cedeira para desenvolver unha promoción económica de proximidade e do emprego adecuadas ás nosas potencialidades e capacidades e exercer en exclusiva a planificación, dirección e xestión dos servizos públicos ligados ao benestar, para dar adecuada cobertura ás nosas especificidades en función das necesidades da cidadanía (por exemplo, as políticas de saúde e asuntos sociais como instrumento de superación de desigualdade laboral, territorial e de xénero) .

Con certeza – engade- “as limitacións  dos concellos no marco actual obríganos a formular, desde unha perspectiva galega, unha proposta de mudanza do marco institucional co obxectivo de contarmos con plena capacidade de decisións e o municipalismo, de abaixo-arriba, é onde a soberanía – que non é outra cousa que capacidade para resolvermos nós os nosos problemas- é máis   democracia e máis equidade no benestar”. Para todo iso “precisamos un modelo de financiamento adecuado para os concellos galegos que só o BNG defende desde sempre en termos de cidadanía e de país. Entendo o municipalismo como espazo de liberdade e acesibel a todas e todos xa que nos fai mellores como sociedade. É a nosa escola de democracia”

A crise económica agravou a insuficiencia financeira estrutural  que o dogma de contención rigorosa do déficit público (lémbrese a reforma express do artigo 135 da CE) sacrificou a capacidade de endebedamento dos concellos , mesmo cando esta é destinada a obteren recursos para investimento produtivo e social e atender os servizos públicos. Durante os gobernos do PP produciuse un gran retroceso na situación do medio rural e do sector primario, ao tempo que se produciu un empeoramento das condicións económicas e de vida no rural, cando é un sector estratéxico e chave na recuperación económica que precisa do fomento da economía social, de ordenación de usos da terra e de orientación de cultivos, impulsando medidas de ordenación dos usos da terra e da posta en valor das superficies atendendo ás características de noso. As consecuencias desta políticas tradúcese nunha peor situación do noso medio rural e das persoas que del viven.  O BNG débese ao mandado da xente sen máis tañeira e límite ca ese, xa que o problema de fondo é que non é a Galiza a que decide,  por iso podemos denunciar que co actual reparto de fondos do Goberno central cada veciño dunha vila galega recibe 50 euros menos ca media estatal.En termos per cápita cada concello recibe 209 euros por habitante fronte aos 259 euros de media estatal.

Rodríguez reafirma que continuará defendendo que o financiamento local esté integrado nun novo modelo de financiamento para Galiza,  coa finalidade de proporcionar máis recursos aos concellos galegos, enraizados no país. Exercer as competencias propias da administración local, a máis achegada ás persoas, non pode ser o de simples muro de contención  dos efectos das macro políticas. Por iso “defendo que involucrar aos axentes sociais e ás entidades locais e supracomarcais na planificación, na procura dunha visión territorial, ambiental, lingüística, cultural e empresarial acaída ao país  é a condición necesaria para unha vila boa para vivir porque garante boas condicións de traballo para toda a súa poboación, que eses traballos son dignos, estábeis, con dereitos e xustamente remunerados. Iso implica a supresión da invasión competencial no ámbito local que propiciou a Lei de reforma e sustentabilidade local para privatizar servizos públicos e eliminar as políticas sociais municipais.”

“Estes catro anos de co-goberno servironme para comprobar que a imposición aos concellos de restricións na prestación de servizos á veciñanza derívanse das decisións adoptadas polo Goberno central e o desleixo e seguidismo da Xunta de Núñez Feixó”. Por iso “precisamos ir decidindo desde os concellos , decidindo por nós propios, o marco político que queremos”, reafirma. Presentaremos como BNG Cedeira porque entendemos que é a mellor opción para a vila e terra de Cedeira. Ao longo deste mandato afirmamos que se necesita urxentemente un proxecto alicerzado no pobo e no país. E nós, como explicamos recientemente na asemblea local temos un proxecto integral, alternativo e transformador que queremos poñer en práctica “, explicou. Con todo, o BNG reclama que “o resto das forzas soberanistas traballen desde o municipalismo para atopar puntos concretos en común para evitar unha alcaldía supeditada ás inercias estatais, esa máquina de corrupción,  e á retórica que acaba expulsando á xente das institucións”, conclúe.

Os comentarios están pechados

off
A %d blogueros les gusta esto: