off
Arquitectura, Cedeira, Galiza, Urbanismo — 5 Outubro, 2018 at 7:41 a.m.

Cedeira rehabilita dúas fontes como inicio dun plano de recuperación de arquitectura popular

by

O plano de recuperación debería atinxir tamén a naturalización da súa contorna, retirando  sinais mal ubicados e se for preciso mantelos, que estes estivesen en galego


[Pingota Comunicación] O Concello de Cedeira iniciou unha campaña de conservación da arquitectura popular poñendo en valor as fontes Fernando Lago e da Area. Estas dúas construcións foron sometidas a traballos de saneamento e de pintura, tanto interior como exterior, para evitar que cheguen a desaparecer. O goberno municipal entende que as fontes e lavadoiros, ademais de ser de utilidade pública, chegaron a desempeñar unha función social, por tratarse dun espazo de reunión de moitas mulleres sobre todo no ámbito do rural. É precisamente neste valor histórico-patrimonial no que se fixa o executivo local para acometer unhas intervencións que se trasladarán a outros puntos do territorio local. De feito, o Concello xa está a actuar na fonte de Saíñas, situada na rúa Pomthus, e cuxa recuperación inclúe un tratamento para a eliminación de humidades, a consolidación das pedras de granito, traballos de pintura e de iluminación. Desde o Concello de Cedeira demándase agora á veciñanza que recoñeza ese valor patrimonial de fontes e lavadoiros evitando o súa deterioración con pintadas e danos nunhas construcións que “son testemuños da propia historia local”. Os traballos que afectaron ás fontes de Fernando Lago e da Area foron executados pola empresa José Antonio Vergara Ríos e tiveron un custo de 2.701,40 euros (IVE incluído).

 

Naturalizar, sensibilizar, galeguizar

Porén, o vello lavadoiro de Fernando Lago continua tendo achantado un desproporcionado sinal para transeuntes sen galeguizar e no meio do arco da portada, tal e como se pode fitar na fotografía. Ao cabo, todo investimento en recuperación do patrimonio debería levar asociado un plano de sensibilización cidadá na súa conservación e preservación material, día após día.


Ao mellor tamén che interesa

2 Novembro, 2012

Merendeiros[2] 20 Setembro, 2013

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off