off
Sen categorizar — 30 Setembro, 2018 at 8:56 a.m.

Móllate polos ríos.Xornada de retirada de refugallos do río Condomiñas

by

O goberno de Cedeira invita á veciñanza a participar na XI Limpeza Simultánea do Proxecto Ríos, colaborando o domingo (día 30) nunha nova retirada de refugallos no Condomiñas.

A cita deste domingo en Cedeira coordinada pola Asociación Arce dará comezo ás 11.00 horas, que vén sumarse así ao proxecto de Limpeza Simultánea de Ríos que comezou hai once anos de brazo dado de Adega. Miles de quilos de residuos foron quitados dos nosos ríos e ribeiras polo voluntariado participante.“ O lema da campaña é” Móllate polos ríos” e atinxe de xeito simultáneo  todo o territorio co alvo de axudar a manter en bo estado de conservación os ecosistemas fluviais e acrescentar deste xeito, a sensibilización e concienciación social. Este ano a convocatoria atinxe máis de medio cento de municipios galegos.

O domingo 30 de setembro é a data na que se realizará a actividade. Para participar podes unirte a algún grupo organizado preto do teu concello ou ben promover a limpeza nun río actuando de coordinador/a. Na web da limpeza irase informando da XI Limpeza Simultánea de Ríos. O punto limpo será o lugar de encontro para as persoas que desexen colaborar. Os interesados terán que ir provistos de luvas e calzado axeitado, a poder ser de botas altas, tal e como se fai constar desde a Concellería de Medio Ambiente do Concello de Cedeira. A administración local organiza con bastante frecuencia este tipo de iniciativas para tratar de ir mellorando as condicións medioambientais do río Condomiñas. Estas operacións deron lugar á retirada dun importante número de refugallos, entre os que cabe citar pneumáticos, ferros, bicicletas e ata un cabalo de xoguete.

 

Comments are closed.

off