off
Galiza, Movementos sociais, Política, Traballo — 26 Setembro, 2018 at 7:02 a.m.

Pensionistas e xubilados/as da CIG anuncian a convocatoria de mobilizacións para o vindeiro xoves día 27 de setembro en diversas cidades e vilas

by

Lembran que as pensións galegas son as segundas máis baixas do Estado, porén denuncian que a suba que recollen os orzamentos aprobados en xullo supón un incremento de tan só 20€ ao mes.


En xeral, a pensión media do sistema (xubilación, incapacidade permanente, viuvez, orfandade e a favor dos familiares) foi de 957,3 euros, un 3,7% máis que o ano anterior. No caso dos homes, con todo, foi de 1.174,59 euros, moi superior ao das mulleres, que é de 753,4 euros. A diferenza é similar nas pensións de xubilación: a de homes é de 1.275,4 euros e as de mulleres é de 823,5 euros. En Galiza, porén, máis da metade non chegan aos 677,70€-

 

Manifestación do 10 de marzo en Ferrol

 

Lugo: 20h, Praza Maior

Burela: 20h, Praza da Mariña

Monforte: 20h, Praza de España

Vigo: 19:30h, Farola de Urzaiz

Pontevedra: 20h, Praza da Peregrina

Santiago: 20h, Praza do Toural

Boiro: 19:30h, Praza do Concello

A Coruña: 20h, Subdelegación do Goberno

Ferrol: 20h, Praza Amada García (Edificio Xunta)

Ourense: 11:30h, Subdelegación do Goberno

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off