Lembran que as pensións galegas son as segundas máis baixas do Estado, porén denuncian que a suba que recollen os orzamentos aprobados en xullo supón un incremento de tan só 20€ ao mes.
En xeral, a pensión media do sistema (xubilación, incapacidade permanente, viuvez, orfandade e a favor dos familiares) foi de 957,3 euros, un 3,7% máis que o ano anterior. No caso dos homes, con todo, foi de 1.174,59 euros, moi superior ao das mulleres, que é de 753,4 euros. A diferenza é similar nas pensións de xubilación: a de homes é de 1.275,4 euros e as de mulleres é de 823,5 euros. En Galiza, porén, máis da metade non chegan aos 677,70€-
Lugo: 20h, Praza Maior
Burela: 20h, Praza da Mariña
Monforte: 20h, Praza de España
Vigo: 19:30h, Farola de Urzaiz
Pontevedra: 20h, Praza da Peregrina
Santiago: 20h, Praza do Toural
Boiro: 19:30h, Praza do Concello
A Coruña: 20h, Subdelegación do Goberno
Ferrol: 20h, Praza Amada García (Edificio Xunta)
Ourense: 11:30h, Subdelegación do Goberno