off
Estado, Política — 13 Setembro, 2018 at 11:46

O Congreso aproba a exumación de Franco do Valle de los Caídos

por

Todos os grupos votaran, agás PP e C, que se abstiveran. BNG , Concello de Sada e En Marea reclaman que esta reforma inclúa tamén medidas para recuperar o Pazo de Meirás 


Franco non será mais enterrado no Valle de los Caídos. O Congreso aprobou o decreto-lei para exumar os restos mortais do ditador  Francisco Franco cos votos a favor de todos os grupos e coa abstención de PP e Cs. Desde que a exumación de Franco foi anunciada no verao, os PP e Ciudadanos xa criticaran a medida, pois consideran que “non é oportuno ou prioritário” retirar o corpo do ditador do Valle de los Caídos.

Precisamente, para garantir o apoio do ERC e do PDECat, Sánchez prometeu procesar a norma como proxeto de lei e abriu a posibilidade de introducir mais alteracións à lei da memória histórica por meio de emendas.

A vice-presidenta do goberno español, Carmen Calvo, argumentou que non haberá “paz sen xustiçza” ou mantendo a “anomalia atroz” que supón que o ditador estexa enterrado ao lado de suas vítimas.

“Deberíamos ter resolvido iso antes, mas coa entrada en vigor da lei da memória histórica, o atraso é insustentábel”, insistiu Calvo, que acredita que, após 40 anos de democracia, esa “anomalia” democrática “requer un encerramento”.

Segundo ten afirmado Calvo, os restos mortais do ditador serán transferidos para o lugar que sua família ou, en calquer caso, “chamou para un lugar digno”. O feito é que a família Franco tentou tornar imposíbel a exumación, mesmo pedindo ao Defensor del Pueblo (o Valedor do Pobo español) que apelase para o Tribunal Constitucional, o decreto-lei de “profanación da sepultura”.

Deixar unha resposta

Ten que ser rexistrado para publicar un comentario.

off
A %d blogueros les gusta esto: