off
Brincadeiras, Cedeira, Contos, Cultura — 13 Setembro, 2018 at 11:15 a.m.

Volven “Cantos e Contos ao Solpor” con Quico Cadaval e Black Acoustic

by

[Pingota Comunicación] Volven Cantos e Contos ao Solpor con dúas novas citas previstas para os días 15 e 22 do mes de setembro.

A praza da laranxeira, a do Concello, será espazo de referencia a partires das 20:00h.

A programación comezará o sábado 15  co concerto de Black Acoustic, duo formado por Iria Mejuto na voz e Richi Rozas na guitarra, que interpreta música soul, redescubrindo grandes clásicos como Aretha Franklin e Stevie Wonder, entre outros.

Quico Cadaval

Quico Cadaval volta a Cedeira –  o ribeirense clausuraba a semana do Samain 2013. O programa Cantos e Contos ao Solpor  conta coa incontornável presenza  do contador de historias, actor, director e adaptador teatral, alén  de impulsor do movimento de radioteatros xurdido en Galiza na década dos noventa.  Cadaval tamén é o autor de textos como “O Códice Clandestino”, “O rouxinol de Bretaña” para a compañía O Moucho Clerk, e “Espantoso”,  premio María Casares ao mellor texto orixinal na edición do ano 2002.

“Os inocentes”, de Quico Cadaval, sábado 22 de setembro

Comments are closed.

off