off

Diada, malia todo.Concentración solidaria en Vigo convocada pola Plataforma Galiza con Catalunya

por

Non é unha Diada normal, con presos e exiliados. Os partidos confian nunha nova manifestación masiva nun contexto de incerteza sobre o vieiro a seguir. Torra chama a resistir antes “a violencia eo medo” a “facer efectiva” a República. A CUP chaman a unha “ofensiva popular” contra o Estado. A Plataforma Galiza con Catalunya ten convoca unha concentración en Vigo e quince sindicatos  solidarízanse coa autodeterminación de Catalunya


O obxectivo para esta xornada nesta edición é encher a Diagonal de Barcelona, entre o Palau de Pedralbes e a rúa Castillejos, dividida en 37 tramos e catro treitos, e onde se distribuirán alomenos 460.000 rexistrados, o que fai previsión doutra Diada histórica, alicerzada na denuncia da represión, da aplicación do 155, e presos e exiliados. A mobilización é 17.14 horas co reto de facer unha gran onda que vaia desde un extremo a outro da Diagonal para reclamar a República Catalá.

A Plataforma Galiza con Catalunya ten convoca unha concentración en Vigo ás 20:00 horas no Marco de Vigo e co lema ‘República catalá, república galega’.

Ofrenda do BNG no monumento a  Rafael Casanova

 

Os comentarios están pechados

off
A %d blogueros les gusta esto: