Na tarde do xoves a delegación internacional entrevistouse com presidente da Generalitat, Quim Torra, e alguns familiares e avogados os líderes encarcerados
Ana Miranda e Lidia Senra, europarlamentarias galegas, participan hoxe nunha delegación 13 eurodeputadas que visita os líderes independentistas cataláns encarcerados nos centros penitenciarios de Lledoners (Barcelona), Mas d’Enric (Tarragona) ePuig de les Basses (Girona), informou ERC nun comunicado. Os líderes independentistas entrevistaranse coas deputadas internacionais galegas Miranda e Senra que acompañan a Martina Anderson, Izaskun Bilbao, Lynn Boylan, Marc Demesmaeker, Ana Gomes, Josu Juaristi, Ivo Vajgl, Marie-Pierre Vieu e os catalás, Jordi Solé, Josep-Maria Terricabras (ERC) e Ramon Tremosa (PDeCAT). As delegadas fan parte da plataforma Diálogo UE-Catalunya que ten o obxectivo de que a UE interveña no conflicto catalá.
Dende a cadea de Llenoders, coas eurodeputad@s da plataforma @EUCat_Dialogue pola liberdade das e dos #PresosPolítics @obloque @BNG_ParlEuropa pic.twitter.com/PGf22dn7PG
— Ana Miranda (@anamirandapaz) September 7, 2018
Hoxe poderemos finalmente reunirnos cos presos políticos cataláns e transmitirlles o noso apoio #UsVolemACasa ! https://t.co/8aGjcW1REw
— Lídia Senra (@LidiaSenra) September 7, 2018