off
Movementos sociais, Política — 7 Setembro, 2018 at 9:24 a.m.

A presa independentista galega Maria Osório en liberdade após seis anos de cárcere

by

A Garda Civil realizou identificacións de amigos e familiares que foran recibir a presa independentista a dous quilómetros do centro penitenciário de Mansilla de las Mulas  onde Maria Osório se encontraba dispersada.

Osório pasou case seis anos en diversos cárceres españois, sometida a dispersión penitenciaria e clasificada como FIES-3 (tipificación que se aplica a presos independentistas galegos).

María Osório foi detida no mes de Nadal 2011 en Lugo canda Antom Santos, o seu compañeiro,  acusada de pertenza a Resistencia Galega. A Audiencia Nacional condenouna a 10 anos de cárcere, punición que foi reducida após a presentación de diversos recursos.

Comments are closed.

off