off
Arte, Pintura — 31 Agosto, 2018 at 7:49 a.m.

Festa das Meninas de Canido

by

A festa das Meninas de Canido comeza hoxe achegando até tres días de arte, música e  outras propostas culturais. Desde o abrente arredor de douscentos creadores deixarán a súa interpretación da obra de Velázquez nas paredes do barrio ferrolá

Ás 12.00 horas comezarán as actividades na aldea infantil ubicada no Baluarte, para as 14.00 horas procederse á inauguración do espazo de “foodtrucks”.
Ás cinco da tarde quenda para a Master Class que o recoñecido fotógrafo Alberto García Alix desenvolverá polo barrio ata as 21.00 horas. O autor apresentou onte, na sede ferrolá de Afundación, o seu documental “De donde no se vuelve”, centrado na súa faceta profesional. A xornada de hoxe continuará ás 18.00 horas co inicio dos talleres Deco “Azul Moreno”, no Baluarte.
Ás 19.00 horas, Man Castro lerá o pregón na Tafona, lugar no que acto seguido sonará a música de Roger de Flor e Sergio Galego.
Na Praza da Auga, actuarán Malditos Pendejos (ás 20.00 horas) e Swinging Flamingos (21.30 horas). Para as 23.00 horas está prevista unha proxección audiovisual dos fotógrafos Helena Segura Torrella, Antonio García Segura e Gosia Trebacz na Tafona, para depois dos fogos de San Ramón continuar a música con DJ Panko-Ojos de Brujo na Praza da Auga.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off