off

A eurodeputada Ana Miranda denuncia na Comisión Europea a “manipulación” e falta de pluralismo da CRTVG

by

O BNG afirma que a Xunta incumpre a directiva 2010/13/UE de Servizos de Comunicación Social Audiovisual e apoia e súmase aos venres negros que o persoal da CRTVG está a celebrar para reivindicar uns medios públicos “libres e sen manipulación”.


A eurodeputada do BNG Ana Miranda denuncia a  “manipulación” na CRTVG nunha pregunta escrita dirixida á Comisión, á que pide que tome medidas, acrescentando que que é esencial que os Estados membros “eviten feitos que poidan restrinxir o pluralismo e a liberdade de información”. Alén diso, pormenoriza as obrigas impostas polo Tratado da UE, entre outras, a responsabilidade de cada Estado na aplicación efectiva da mesma para potenciar o pluralismo e polo tanto o Goberno galego é responsabel do seu cumprimento

Para o BNG Xunta e dirección da CRTVG  “conculcan a Carta dos Dereitos Fundamentais da UE”, que declara que toda persoa ten dereito à liberdade de expresión, incluindo a liberdade de opinión e a liberdade de recibir ou comunicar informacións ou ideas sen a interferencia de autoridades públicas.

Miranda advertiu do “exhaustivo” labor levado a cabo polos integrantes deste comité para “documentar perfectamente exemplos de manipulación” , sendo “escandalosos os casos de manipulación e falseamento das informacións que sinala o Comité Intercentros da CRTVG na denuncia presentada recentemente na Comisión de Peticións”, afirma.

Confirmou tamén a eurodeputada galega que participará na manifestación convocada para o vindeiro 8 de setembro en Compostela pola independencia e pluralidade da radio e televisión públicas.

Grazas por leres e colaborares co Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off
A %d blogueros les gusta esto: