off
Cedeira, Meio ambiente, Política local — 23 Agosto, 2018 at 7:35 a.m.

Nova descarga de augas fecais no río Condomiñas procedente da EDAR

by

No día de onte, mércores, 22 de agosto, a iso das seis da tarde, polo menos tres persoas detectamos unha nova descarga ao río Condomiñas procedente da EDAR (estación depuradora de augas residuais), da que somos testemuña polo menos tres persoas, aínda que por unha causa ou por outra non hai constancia gráfica algunha.

É, como mínimo, o cuarto que se produce no último mes, dun líquido ente branquecino e acastañado, cheirento e con abundante escuma, que contrasta notablemente co que se detecta no tramo anterior, río arriba, e que, indefectiblemente acaba desembocando na ría e afectando aos centos de bañistas que estes días desfrutan do baño sen sospeitar nada. raro.

O máis grave do asunto é que en canto o persoal da planta detectou a nosa presenza, o caudal comezou a diminuír, o líquido a facerse máis transparente, e ao cabo de 10 ou 15 minutos xa era case normal. O que significa de maneira inequívoca que o suceso non é nin puntual nin accidental.

Preguntámonos de novo:  Por que non se informa ao goberno local desas descargas para que a cidadanía poda ser consciente de cal é a situación? Que hai que ocultar? É un proceso que ocorre regularmente ou débese a fallos que hai que correxir xa?

Esiximos respostas inmediatas a estas preguntas. Estamos poñendo ao raposo a coidar do galiñeiro

Camilo Casal é concelleiro de medioambiente do Concello de Cedeira

Número de contacto: Camilo Casal 673 22 33 92

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off