off
Globalização, Opinião, Pensamento, Política, Politica espanhola — 21 Agosto, 2018 at 8:06 a.m.

A história non se repete, reprodúcese en 140 caracteres

by

Un fantasma ronda a Europa: o fantasma do chovinismo.Carlos Marx, cuxo nascimento cumpre agora o bicentenário, en asuntos relacionados coa filosofia da história hipotecou o seu imenso talento ao impenetrábel charlatarismo de Hegel. Aquilo de que a história se repete primeiro como traxedia e depois como farsa, que o guru do obscurantismo escrebeu pensando na diacronía dos dous Bonapartes, terminou convertido em axioma do catecismo marxiano (embora o de Tréveris nunca foi marxista). E igual que outros epigramas da sua colleita variaria co desenvolvimento da sua extraordinária obra (no Primeiro Tomo do capital publicado em 1867 a chave era o valor-traballo, encanto no Terceiro e póstumo, que viu a luz en 1894, seria unha verdadeira forma de valor-utilidade). Misérias da ideoloxización historicista de un dos dous autores do Manifesto Comunista, cuxa primeira edición ao ruso foi realizada por Bakunin em 1860.
Ven todo isto a conto (embora sexa circunstancialmente), do que está a ocorrer na Unión Europea (UE) coa chegada ao poder através das urnas de gobernos onde cohabitan a extrema esquerda e a extrema direita, se respeitando as suas próprias zonas de conforto. Por aquilo de que ambas son forzas antisistema gozan do favor duneleitorado maioritariamente integrado por clase traballadora, en boa medida procedente de votantes comunistas, e en menor medida de estamentos socialistas. É o que recentemente aconteceu na Itália co combinado do Movimento Cinco Estrelas e A Liga, água e aceite desde o ponto de vista da doutrina política, agora compartilhando (e non competindo) a “casa común” antisistema. O ponto G da segunda Lei de Newton, aquela que contrapuña pendularmente unha acción cunha reacción diferida.
Algo que ten rexstros nos anos trinta do pasado século, qcando nazistas e estalinistas se compincharon contra as potencias imperialistas desencadeando a Segunda Guerra Mundial, acontecimento registrado nos anais como “o pacto do diaño” (Ribbentrop-Molotov), que acontece quando os pólos opostos confraternizan por “razón de Estado”. O Hitler do nacionalsocialismo e o Stalin do “socialismo nun só país” pontualmente unidos em frente ao inimigo capitalista. Unha alianza que viña rodada depois do Tratado Brest-Litovsk de 1918 e o Pacto de Rapallo de 1922 entre as cúpulas dirigentes da *URSS e o Alto Mando alemão. A *reseñar que então praticamente só o mundo libertário (anarquistas e anarcosindicalistas) manteve firme uma posição duplamente antifascista non vergonzante. Um caso de livro no que a história parecer voltar onde costumava, embora o cualificar como traxédia e farsa sucessivamente pareçza unha frivolidade. Sobretudo porque em ambos casos o desencadenante estivo en cada unha das crises económicas. A Grande Depresión de 1929 e a Grande Recesión de 2008. Ambas dous com efeitos traumáticos ben mais lá do seu epicentro de ignición.
É verdadeiro que antes do sorpasso à romana xa se tiñan detectado movimentos tectónicos semellantes nas políticas de outros gobernos da UE. Mas circunscrevianse en boa medida a países da antiga órbita comunista, como a Hungria de Viktor Orbán ou a Polónia de Mateusz Morawiecki, o que na distencia do seu pasado institucional como membros do Bloco do Leste tamén permitia se interpretar en chave dese estraño apareamento político. Perspetiva que se reforza ao acrescentar o caso da Alemaña, onde a fulgurante ascensión dos postnazis de Alternativa por Alemaña (superou em expectativa de voto ao SPD) procede sobretudo do celeiro eleitoral que têm os nostálxicos do Terceiro Reich na antiga RDA comunista. Inclusive algo dese estigma se pode rastrexar no currículum do primeiro partido que chegou ao poder como resposta progresista à crise. Falamos do caso da coalición de esquerda radical Syriza, que non tivo escrúpulos en formar govberno na Grécia tres veces hipotecada pola troika co partido ultranacionalista e xenófobo Gregos Independentes, repartindose carteiras e concorrencias.
Entón, por que o da Itália é diferente, un ponto e aparte? Porque pola primeira vez, un Estado membro da Unión Europea, e em concreto a terceira economia da zona euro, introduce formula-a racista “os nacionais primeiro” como seña de identidade da sua estratéxia política. O programa de govberno do M5E e Une-a parece inspirado no que levou à Casa Branca a Donald Trump, só que no caso dos Estados Unidos foi levantado por un só partido, o republicano. As mesmas piscadelas redentoristas aos perdedores da crise; identica obsesión  contra emigrados e refuxiados e a favor dun maior controlo de fronteiras; parecida tendencia a militarizar a sociedade reforzando as atribucións da polícia e endurecendo as normas penais para reprimir a delincuencia. Esas son as suas principais credenciais
O Contratto per o governo do cambiamento Lega-5 Stelle supón un coquetel explosivo que colisiona com algunhas normas rectoras da Europa dos Vinte e oito. Incorpora unha Cara A de fasquía progresista no pacote atribuído ao M5E, que inclue temas como reverter o prolongamento de idade de xubilación; introducir unha renda cidadá de 780 euros ao mes; aprobar pensións para as persoas que vivan por embaixo do limiar da pobreza ou a proibición por lei de prácticas laborais non remuneradas. E outra Cara B debida a A Liga con asuntos punitivos como a expulsión en masa de refuxiados e imigrantes; a persecuión das actividades da ONG que facen labores de axuda e salvamento; a discriminación dos masóns para cuestións relacionadas coa participación institucional; e a catalogación da autodefensa como sempre lexítima, dando por suposto que existe uma ameaza de agresión interna, dentro da comunidade civil. De novo o conflito causal en carne viva: meios que prefiguran fins.
Algunhas destas disposicións lembram as de reximes de corte fascista do período de entreguerras (aquela “conspiración xudeo-masónica” do franquismo) e outras se situam directamente no embrión de onde xurxiram as milícias paramilitares desses estados totalitarios (as SS hitlerianas, as camisas pardas mussolinianas ou os comissários políticos do comunismo soviético). E é aqui onde a suspeita de afinidade com aquele pasado se revela mais preocupante. Lembrando ao mesmo tempo algo que a miúdo costumabase tampar para deslexitimar aquelas ideoloxias no acervo da memória histórica. E é que tanto a Alemaña nazista como a URRS desenvolveran procesos políticos de alta aceitación e representación social. O que explica o grande respaldo recebido da populación durante algun tempo e a espiral de silencio cúmplice que permitiu a sua consolidación política. E chegados a este ponto, de novo a pergunta seria: estamos condenados a repetílo, mutatis mutandis, no século XXI? Por que? Resumindo: como se pode evitar?
Aqui, como xa acontecera no pasado, os homes e mulleres libertários temos muito que dicer e facer, acuando en consecuencia coa ética política indispensábel para polinizar un autêntico humanismo democrático. En tanto non aliniados nen alienados, o noso papel pode ser determinante para frear, ou ao menos problematizar, a deriva autoritária e xenófoba en marcha. Quer sexa en fase de factos consumados, quer potencialmente larvada. E iso pasa por pór ao mesmo nível que os dereitos que ten que ver coa igualdade, a liberdade e unha democracia de responsabilidades autónomas partilladas, coa solidariedade guiando ao pobo. Um ecosistema social, unha corrente trófica de valores sustentados sobre o princípio da dignidade humana, non un sistema de resignación. Embora qcando morra só permanezamos no memorial dos que animosamente persistan na porfía emancipadora, sen aparecer no fútil medalleiro das esquelas do ABC ou os obituarios à carta de El País. Estamos, pois, en pleno eclipse da fraternidade. Unha das tres virtudes cívicas, xunto da liberdade e a igualdade, alumeadas pola Revolución Francesa. Xogamo-nos o último reduto daquele internacionalismo que liderou o primeiro movimento operário autoxestionario e perverteu a mortífera eclosión nacionalista da Grande Guerra. E iso como achega póstuma ao instinto do estatismo totalitario pontificado por Hegel e depois experimentado polos seus discípulos a eito. Coas consecuencias xa sabidas mas, ao que parece, esquecidas. Para alén do ben e do mau, a sombra de Hegel proxeta-se no marxismo vulgar desde os seus inícios. Inclusive qcando nos manuscritos económico-filosóficos de xuventude o pai do materialismo dialéctico afirma que “a humanidade só se propón problemas que posa resolver está a traducir ao seu próprio DNA o que sobre a invención o da pólvora sustentavba o autor da Filosofia da história: “a humanidade precisavaa e entón fixo o seu aparecimento?. Unha variante mais daquele outro xogo de palabras “todo o racional é real, e todo o real é racional”, da mesma escola.
Acontece que case dous séculos após aquela supremacía hegeliana no universo da filosofia política as suas teses recuperan vixencia encarnadas en novos aprendices de bruxo. Por tres razóns principais. A primeira, porque o sistema de democracia liberal e capitalismo neoliberal construiu um imaxinário esencialmente cuantitativo-materialista (extractivo, productivista, consumista e ecocida) sen presenza de valores éticos. E ao seu lado ten xerminado formas de goberno levadas ao poder por unhas masas sen atributos que contribuen a esa “banalización do mal” que fai posíbel a emerxencia de “alternativas do demo”. Cun suporte teórico básico que bebe naquela idea-forza do Estado como supremo ben (“non hai nada mais excelso e mais sagrado que o modo de sentir e de querer do Estado”), compartillando asin o mesmo método disciplinar de organización caudillista, hierarquizada, autoritária, delegativa, plebiscitaria e verticalista.. Nese nó gordiano recoñecense a extrema esquerda e a extrema dereita, comas suas próprias lexitimidades clientelares. Karl R. Popper expresabao asin na “Sociedade aberta e os seus inimigos”: “a asa esquerda substitue àa guerra das nacións incluída no esquema historicista de Hegel pola guerra de clases, e a extrema dereita substituea pola guerra de razas”.
Segundo, porque ao menosprezar o vetor liberten como sentido último da política, e com iso dunha democracia non falaz, se produce unha deshumanización do adversário que o converte simples e claramente en inimigo a destruir se consideramos que ameaza o noso bem-estar (e iso vale para o vilán explorador e tamén para o imigrante, o refugxiado, o manteiro ou os sen teito). Estado onde o instinto de sobrevivencia se aciva facendo que o fin xustifique a todos os efeitos os meios a empregar. Desta maneira, os antisistema bípedos do século XXI entroncan Hegel com Carl Smith, o teórico do nacionalsocialismo (com frecuencia o acrónimo “nazista” serve para disimilar a sua exibición nominal “nacionalsocialismo”) que formulou o preceito amigo-inimigo como baluarte da nova política. Nesta liña de pensamento están as lucubracións de postmarxistas como o ex peronista Ernesto Laclau (“o significante vacio”) e o antigo forofo maoísta Alain Badiou (“a hipótese comunista”), hoxe estrelas do “pensamento matrix” en ascensión, tanto nos púlpitos dos movimentos progresistas como dos movimentos xenófobos
E en último termo temos a desmemoria recepcionada como amnesia. Seria realmente unha hecatombe que a humanidade repetise aquelas experiencias cainitas que passam por ser alguns dos momentos mais destructivos da história, quando ainda ficam alguns depoimentos vivos do infinito horror provocado. No entanto, nunhas circunstancias críticas que figeram emerxer como inimigo comum ao capitalismo neoliberal os contornos comezan a se esmaecer. As mudanzas producidas en todas as ordens fixeran variar rotundamente o eixo espazo-tempo existencial. Unha pesrsoa que naza hoxe non morre no mesmo habitat no que naceu. Pola contra, arestora quince anos é unha eternidade no sentido das mudanzas producidas no meio vital. Estamos na era dos 140 caracteres, non na dos grandes relatos, a existencia marcha a ritmo de tuit. Por iso non resulta nada raro que as últimas xeracións acaden a madureza política alleas ao pasado recente, por moito impactante e terríbel que for. Abonda comprobarmos o escaso percurso que tiveran comemoracións de momentos senlleiros como o centenário da Revolución Rusa, o meio século da revolución de Maio do 68, o xa citado bicentenário do nascimento de Carlos Marx. Importa o presente pugnaz, a véspera é esquecimento. Tamén é a causa remota de que na España do Rexime do 78 sexa tan difícil revisar criticamente a Transição, non interesa mais que aos teimosos. E sobre ese caldo de cultivo emerge a “nova política” como regresión que imita à “vella política” sen pasar pola alfándega crítica de reproducirse como farsa. Co acrescentado de que o sistema dominante, alimentado de servidume voluntária e obediencia debida, favorece a amnesia sobre a que chegan os novos bárbaros. É a corrupción das consciencias, a mai de todas as corrupcións. O grande poeta grego Kavafis veuno vir:

– Que esperamos reunidos na ágora?

É que hoxe os bárbaros chegan.

– Por que tanta abulia no Senado?
Por que asentan os Senadores? Por que non ditan normas?

Porque os bárbaros chegan hoxe.
Que normas van editar os Senadores?
Cando chegaren, os bárbaros ditarán as normas.

– Por que o Autocrátor levantouse tan cedo
e está sentado frente à Porta Nobre da cidade
posto no seu trono, portanto insígnias e coroa?

Porque os bárbaros chegan hoxe.
E o Autocrátor espera receber
o seu chefe. Mais do que isto, predispón
para el o don dun pergamiño. Ali
fixo inscreber profusos títulos e nomes sonoros.

– Por que nosos dous cónsules e os pretores sairan
esta mañá con togas rubras, con finos bordados de agulla?
Por que esas brazadeiras que portan, pesadas de ametistas,
e os aneis dactílicos lampexando reflexos de esmeralda?
Por que ostentan hoxe os cetros preciosos,
esplendido lavor de cinzel, amálgama de ouro e prata?

Porque os bárbaros chegan hoxe,
e toda esa parafernália deslumbra os bárbaros.

– Por que nosos bravos tributos non acodem
como sempre, a blasonar seu verbo, a perorar seus temas?

Porque os bárbaros chegan hoxe,
e eles desprezan a oratória e a logorrea.

– Por que de repente esa angústia,
ese atropelo? (Todos os rostos de súbito sérios!)
Por que rápidas se esvacian ruas e prazas
e os antes reunidos retornan atónitos às casas?

Porque a noite chegou e os bárbaros non viran.
E persoas recén-vindas da zona fronteiriza
murmuram que non hai mais bárbaros.

E nós, como imos pasar sen os bárbaros?
Esa xente non rimaba connosco, mas xa era unha solución.

Fronte a iso, ainda que lle pese aos mais teimosos, como dicia o Carlos Taibo nun recente artigo denunciando a marexada represiva contra rapeiros, libros e obras de arte, temos “a UE, que, coas suas constantes admonicións contra os nosos gobernantes, ao cabo  é a darreira trincheira de resistencia  fronte á barbárie. Todos nós entendemos”

(Nota. Este artigo publicouse no número de xullo-agosto de Rojo y  Negro)

Comments are closed.

off