O movemento feminista arranxa mobilizacións para este martes en resposta ao asasinato machista do domingo 19 en Cabana de Bergantiños. Un home de 56 anos matou á súa dona, de 50, dun disparo na cabeza. A parella estaba en trámites de separación.
Durante toda a tarde terán lugar as mobilizacións en todas as cidades galegas e nos distintos concellos, que comezarán de forma xeneralizada entre as 20.00 e as 20.30 horas.
Entre outros, na capital de Galiza, a protesta comezará ás 8:00 p.m. na Praza do 8 de marzo. Ao mesmo tempo na Coruña (no Obelisco) e en Vigo (no Marco).
Mobilizacións en repulsa do feminicidio de Ana Belén Varela Ordóñez para este martes
A Confederación Intersindical Galega fai un chamado a participar nas concentracións previstas por todo o país en rexeitamento da violencia machista
–A Coruña, no Obelisco ás 20:00 horas.
–Compostela, na Praza 8 Marzo ás 20:00 horas.
–Lugo, diante do Concello ás 20:00 horas.
–Betanzos, diante do Concello ás 20:00 horas.
–As Pontes, na Praza do Hospital ás 20:00 horas.
–Ponteareas, diante dos Xulgados ás 20:30 horas.
–Vigo, no Marco ás 20:00 horas.
–Val Miñor, na rotonda da Ramallosa ás 20:00 horas.
–Carballo, na Praza do Concello ás 20:00 horas.
–A Guarda, na Praza do Reló ás 20:30 horas.
–Ourense, na Castañeira ás 20:30 horas.
–Ferrol, diante do Concello ás 20:00 horas.
–Pontevedra, na Audiencia Provincial ás 20:00 horas.
–Redondela, na Praza da Constitución ás 21:30 horas.
–Melide, na Praza do Convento ás 20:00 horas.
–Miño, na Praza do Parchís ás 21:00 horas.
–Viveiro, na Praza da Fontenova ás 20:30 horas.
–Monforte, na Praza de España ás 20:30 horas.
–Rianxo, na Praza de Castelao ás 20:00 horas.
–Vilagarcía, na Praza de Galiza ás 20:00 horas.
–Burela, na Praza da Mariña ás 21:00 horas