off
Feminismo, Galiza — 20 Agosto, 2018 at 8:34 a.m.

Mobilizacións en resposta ao asasinato machista en Cabana de Bergantiños

by

 

O movemento feminista arranxa mobilizacións para este martes en resposta ao asasinato machista do domingo 19 en Cabana de Bergantiños. Un home de 56 anos matou á súa dona, de 50, dun disparo na cabeza. A parella estaba en trámites de separación.

Durante toda a tarde terán  lugar as mobilizacións en todas as cidades galegas e nos distintos concellos, que comezarán de forma xeneralizada entre as 20.00 e as 20.30 horas.

Entre outros, na capital de Galiza, a protesta comezará ás 8:00 p.m. na Praza do 8 de marzo. Ao mesmo tempo na Coruña (no Obelisco) e en Vigo (no Marco).

Mobilizacións en repulsa do feminicidio de Ana Belén Varela Ordóñez para este martes

A Confederación Intersindical Galega fai un chamado a participar nas concentracións previstas por todo o país en rexeitamento da violencia machista

A Coruña, no Obelisco ás 20:00 horas.

Compostela, na Praza 8 Marzo ás 20:00 horas.

Lugo, diante do Concello ás 20:00 horas.

Betanzos, diante do Concello ás 20:00 horas.

As Pontes, na Praza do Hospital ás 20:00 horas.

Ponteareas, diante dos Xulgados ás 20:30 horas.

Vigo, no Marco ás 20:00 horas.

Val Miñor, na rotonda da Ramallosa ás 20:00 horas.

Carballo, na Praza do Concello ás 20:00 horas.

A Guarda, na Praza do Reló ás 20:30 horas.

Ourense, na Castañeira ás 20:30 horas.

Ferrol, diante do Concello ás 20:00 horas.

Pontevedra, na Audiencia Provincial ás 20:00 horas.

Redondela, na Praza da Constitución ás 21:30 horas.

Melide, na Praza do Convento ás 20:00 horas.

Miño, na Praza do Parchís ás 21:00 horas.

Viveiro, na Praza da Fontenova ás 20:30 horas.

Monforte, na Praza de España ás 20:30 horas.

Rianxo, na Praza de Castelao ás 20:00 horas.

Vilagarcía, na Praza de Galiza ás 20:00 horas.

Burela, na Praza da Mariña ás 21:00 horas

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off