off
Feminismo, Galiza, Movementos sociais, Opinión, Política — 17 Agosto, 2018 at 11:06

A nosa terra en chave feminista e libertária

por

“Ya no hay locos, amigos, en España ya no hay locos.

Se murió aquel manchego, fantasma del desierto, ya no hay locos.

Todo el mundo está cuerdo, terrible, horriblemente cuerdo…”

(León Felipe. Ya no hay locos)

O 25 de xullo na Galiza non é un dia calquer. A data inspirase na asemblea das Irmandades da Fala celebrada en Santiago en 1919 onde se adotou o galego como língua franca e seña de identidade. Ten por tanto un significado profundamente político, case subversivo, dado o rude desabrimento  con que é tratado este idioma polas institucións e as clases altas. Por iso desde o poder, durante o franquismo con especial saña, sempre se o tentou estacionar como unha efeméride de exclusivo simbolismo relixioso. Igual que o Caudillo mutou o Dia do Traballo na Festa de San Xosé Obreiro.

A oferenda ao Apóstolo, co botafumeiro incluído e todos os Anos Santos peregrinos que ao nacionalcatolicismo conveña, son os métodos punitivos desa estratéxia pía en Galiza. Mas a duras penas conseguen o seu cometido os inquisidores. Acima de todo, o  Dia dá Patria Galega é unha cita reivindicativa e solidária, co ollar enfitado na memória colectiva do pobo de Castelao e Rosalía, e dos seus fillos e fillas mais abnegados.

A proba é o bando que este 2018 publicou a a Cámara municipal de Santiago presidida por Martiño Noriega e o grupo En Marea. Consistiu nunha homenaxe à muller galega, somandose assin á orgullosa pleamar feminista que irrompeu na sociedade española coa manifestación do 8-M. Mas non só iso. Facelo recuperando a imaxe icónica de duas das vítimas mais coñecidas do terror do 36, as irmás Fandiño Ricart. “Maruxa e Coralia: bandeira revolucionaria da dignidade”, inmortalizadas nunha famosa escultura levantada no parque da Alameda. Mulleres que no seu tempo foran chamadas de “piradas”, “roxas” e “putas” pola xente de orden debido à provocadora desinhibición con que proclamabam o seu exílio interior como modo de disidencia.
Pertencentes a unha família duramente retaliada pelas suas conviccións anarcosindicalistas, tres varóns Manuel, Alfonso e Antonio foran destacados dirixentes da Confederación Nacional do Traballo (CNT), Maruxa e Carolia conseguiran converter a sua só presenza na rua nun surdo desafio às novas autoridades e ao tenebrismo social que inspiraba o rexime. “As Marías” ou “As duas en ponto”, como eran coñecidas por se mostrar à mesma hora no seu percurso cotiá, ian desde a Rúa Abaixo até a Alameda con vestidos de luzentes cores feitos por elas  e maquilladas como máscaras a modo de protesto ante un rexime que agrilloaba a vida tras as xanelas.

Homenaxe ás irmás Maruxa e Coralia Fandiño Ricart o 18 de xullo de 2017. CC BY-SA Romina Bal

Conta o pregón do Concello que cando as irmás Fandiño saían de paseo os estudantes galeguistas e republicanos que as vian rumorexaban polo baixiño “liberdade, igualdade e fraternidade” en mostra de cumplicidade e rexeite da mordaza imperante. Evidenciando, acrescenta o texto, que para elas o ben mais precioso era a liberdade, e que a defendian con fé e valor, sen importar as burlas e as ofensas recebidas. Como di a letra do popular hino ácrata Às barricadas!, escrita polo teórico do anarquismo Valeriano Orobón Fernández.

O ferrolá Eliseo Fernández e o coruñés Dionisio Pereira teñen largamente documentado o papel xogado polo anarcosindicalismo galego na história do movimento operário. Como exemplo do grau de compromiso, no seu libro “O movemento libertário en Galiza (1936-1976)” relatan que dos 30 delegados que a CNT galega mandou ao Congreso de Zaragoza case a metade sucumbiran a maos dos revoltados (8 foran asasinados e outros 6 executados). A traxédia das irmás Fandiño Ricart representa mais un elo nesa história de loita e oposición á barbárie. Foran pioneiras na resistencia pasiva de xénero. Pagaran co desprezo dos poderosos a súa xubilosa denúncia da mediocridade cuartelaria e a miseria de sacristía impostas polo Alzamiento y la Cruzada.

Despois da acaída e politicamente incorreta reivindicación do legado rebelde de Maruxa e Coralia pola cámara municipal compostelá, se cadrar as xeracións vindouras entendan que cando o siso acrescenta sumisión a lucidez acampa nas marxes. Con saias e a rachar.


Bando da Alcadía de Compostela no Dia da Patria Galega

http://santiagodecompostela.gal/imxd/noticias/doc/1532504107Bando_Concello_Maruxa_e_Coralia__2_.pdf

 

Os comentarios están pechados

off
A %d blogueros les gusta esto: