off
Cedeira, Festas, Xente — 9 Agosto, 2018 at 6:46 a.m.

Xoana Cheda, Xosefa Nebril e Xosefa Leonardo, pregoeiras da Festa da Patrona de Cedeira

by

[Pingota Comunicación] Só faltan tres días para o inicio oficial das festas de Cedeira, celebracións que se prolongarán por espazo dunha semana nunha vila na que xa hai moita presenza de visitantes, segundo apuntan desde o Concello.
O punto de partida será, este venres, a lectura do pregón que este ano estará a cargo Xoana Cheda, Xosefa Nebril e Xosefa Leonardo, tres dirixentes da Asociación de Maiores de Cedeira. A entidade representa os intereses dos maiores de Cedeira, conta con 70 socios e ten a súa sede na segunda planta do auditorio municipal.
O acto está previsto para ás 20.00 horas. O público ocupará a praza do Concello e as tres mulleres falarán desde o balcón da Casa do Concello no que estarán acompañadas de responsables do executivo local.
Durante a súa intervención, as mulleres tratarán de reavivar a memoria colectiva dos cedeirenses lembrando a riqueza patrimonial que deu lugar á Cedeira actual, chea de recursos e posibilidades tanto no social como no económico. Dialogarán entre elas, coa sorna que nos é própria para crear un ambiente divertido como inicio das festas locais.
A continuación, o grupo Troula Animación protagonizará o primeiro pasarrúas e a Asociación de Comerciantes da Vila  organiza o concerto que, a partir das 23.00 horas, terá lugar na praza da Marieta e  a cargo da formación musical Novo Plan.
Sábado, día 11
-13.00 horas: Pasarrúas coa Banda de Gaitas de Buxainas.
-16.30 horas: Travesía a Nado organizada polo Club Natación Cedeira Muebles García.
-20.00 horas: Dentro do programa “Seráns na rúa en familia”, na praza Floreal, actuación da compañía de circo Maintomano co seu espectáculo Ekilibuá.
-23.00 horas: Tributo a Sabina e Alejandro Sanz na praza Roxa (Concerto)
-1.00 horas: Os Benignos (Concerto)
Domindo, día 12
-14.00 horas: pasarrúas coa banda de Gaitas de Ortigueira
-17.00 horas: Xogos Populares no paseo da Mariña
-19.00 horas: Festival de Bandas, organizado pala Banda Vila de Cedeira, na praza Floreal
-21.00 horas: Catropés (animación na rúa)

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off