off
Ciencia, Saúde — 17 Xullo, 2018 at 8:08 a.m.

O Consello de Bioética do Reino Unido aconsella permeter a modificación xenètica dos embrións para eliminar doenzas

by

O Nuffield Council on Bioethics do Reino Unido afirma que mudar o DNA dun embrión humano pode ser “moralmente permisíbel” se for en interese da crianza.


A criazón de bebés cuxo DNA foi alterado para dar-lles o que os pais perceben como as mellores chances na vida recebeu luz verde cautelosa  nun relatório histórico dun importante órgao de reflexión ética do Reino Unido. 

Nun relatorio publicado hoxe, exixe unha mudanza na lei do Reino Unido para permitir bebés xeneticamente modificados  e recomenda pesquisas sobre a seguranza e eficácia da abordaxe, seu impacto social e un amplo debate sobre suas implicacións. A reflexión do  Comitè Nuffield foi promovida a raiz do rápido avanzo da tecnoloxía xenética  empregando unha técnica nomeada  Crispr/Casp9, que permite aos científicos mudar de forma eficiente o ADN nas células vivas.

O Consello de Bioética de Nuffield afirma  que mudar o DNA de un embrión humano poderia sermoralmente permisíbel” se fose no futuro interesseda crianza e non se somar aos tipos de desigualdades que xa dividen a sociedade.

“É nosa opinión que a edición do xenoma non é moralmente inaceitábel en si”, afirma Karen Yeung en The Guardian, presidente do grupo de traballo Nuffield e profesora de dereito, ética e informática na Universidade de Birmingham. “Non hai razón para descarta-lo en princípio.” O Reino Unido prohibe agora  esta pràctica mas, segundo os expertos seria acaido en termos morais se as intervencions “teñen por alvo asegura e ser coherentes co benestar da futura persoa”. Doutra banda, “non deberán acrescentar a desavantaxe, a discriminación ou a división da sociedade.

Mas o relatório atraiu críticas imediatas de alguns sectores, como un lobby que acusa os autores de abrir a porta para o uso irrestrito de enxenaria xenética hereditária, e unha era de xenéticos e pobres.

Recentes avanzos na tecnoloxia xenética deran aos cientistas as ferramentas para reescrever o DNA ligado às células vivas, letra por letra. Cos procedimentos nas maos, os cientistas poden, em princípio, axustar o código xenético nos espermatozóides, óvulos e embrións, e mudar drasticamente como as futuras crianzas se desenvolven.

Embora as leis no Reino Unido e noutros países prohíban actualmente a criazón de bebés xeneticamente modificados, unha presa de experimentos en todo o mundo mostrou que a edición  de DNA poderia, en princípio, impedir que crianzas herdasen doenzas graves causadas por xenes defeituosos.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off