off
Galiza, Movementos sociais, Política, Politica espanhola — 17 Xullo, 2018 at 6:48 a.m.

Fernán Vello apresenta un escrito ante o Congreso no que cuestiona o Executivo sobre a situación dos e das independentistas galegas recluídas en cárceres españois

by

O deputado de En Marea, Miguel Anxo Fernán Vello, apresenta un escrito ante o Congreso dos Deputados no que cuestiona o Executivo sobre a situación dos e das independentistas galegas recluídas en cárceres españois. Segundo explica, a lei orgánica xeral penitenciaria sinala que se debe aproximar as persoas internas á súa área territorial para evitar “o desarraigo social das penadas”, en liña coas recomendacións da Unión Europea.

“A raíz do achegamento das presas políticas a cadeas en Catalunya queremos formular a necesidade de aproximar as presas de ideoloxía independentista galega que se atopen en diferentes prisións do Estado español”, afirma Fernán Vello, após nomear directamente Roberto Rodríguez Fialhega (Dueñas, Palencia), Raúl Aguilheiro Cartoi (Villabona, Asturias), Eduardo Vigo Domínguez (Ocaña, Toledo), Maria Osorio Lopes (Mansilla de las Mulas, León), Adrián Mosquera Pazos ‘Senlheiro’ (Mansilla de las Mulas, León) e Carlos Calvo Varela (Villabona, Asturias).

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off