off
Agro, Cedeira, Galiza, Mar e Pesca — 16 Xullo, 2018 at 07:52

Temperaturas en ascenso e chuvas

por

Ceos con nubes e clareiras  durante os vindeiros días, aínda que  tornarán por veces pouco anubiados ou despexados. A de hoxe será unha xornada máis tranquila que as anteriores, sen treboadas ainda que anubiada. Anticiclón en superficie, mas a baixa localizada entre Irlanda e Islandia deixa unha fronte perto do litoral. Onte foran detectado 1000 lóstregos  durante unha tarde de chuvascos de intensidade forte, a meirande parte no leste de Lugo.

As temperaturas serán normais para esta época do ano, con valores que globalmente se estabilizarán sen mudanzas. No referido ó estado da calidade do ar, manterase bo en xeral. En Ortegal e Ferrolterra agárdanse precipitacións esta segunda-feira pola noite. Temperaturas  altas para as mínimas e normais para as máximas respecto ó habitual nesta época do ano, con valores que globalmente se atoparán sen mudanzas.

Segundo a previsión do Meteogalicia a partir de mediados da vindeira semana Galiza estará baixo influencia anticiclónica con circulación de norte e aire frío en capas altas. Deste xeito, agárdanse días con predominio de tempo soleado e seco, agás das chuvias febles que poida haber no extremo norte e das treboadas que se den no interior polas tardes. As temperaturas experimentarán un progresivo ascenso. 

Deixar unha resposta

Ten que ser rexistrado para publicar un comentario.

off
A %d blogueros les gusta esto: