off
Cedeira, Ciencia, Galiza, Historia — 16 Xullo, 2018 at 19:36

Continuan os traballos de escavación e consolidación da “pedra formosa” do castro do Sarridal

por

Esta cuarta-feira investigadores do 4º Congreso internacional de Arqueoloxía que se está a celebrar en Vilalba do 18 ao 21 de xullo, visitarán o xacemento para comprobar in situ a estructura e os traballos de escavación e documentación do monumento


A principios de mes retomábanse  traballos de consolidación en varios sectores do monumento  que permitirán contemplar a estructura dos restos achados. Até o día 20 alargarase a escavación no sector próximo á cerca. Alén dos traballos arqueolóxicos desenvolvidos nesta campaña, restos do forno están a ser datados a través do método do carbono 14. A escavación  permitiu detectar dous niveis arqueolóxicos. O primeiro correspondente coa Fase II da Cultura Castrexa. E un segundo, aínda por confirmar, galaico-romano, no que se documentou un Monumento con Forno ou “Pedra Formosa”. Esta estrutura ten unha cabeceira absidal, correspondente co forno e a súa zona de alimentación, cámara central que integra piscina e arquetas, e antecámara aos pés. A cámara e antecámara conservan pavimentos de lastras, mentres co paramento de división entre elas presenta os encaixes da “Pedra Formosa”. O proceso de documentación realizado até o momento permitiu comprobar  que o forno ou “pedra formosa” no Castro do Sarridal “asenta sobre un horizonte de ocupación pertencente á Fase II da Cultura Castrexa”.

Esta cuarta-feira investigadores do 4º Congreso internacional de Arqueoloxía que se está a celebrar en Vilalba do 18 ao 21 deste mes, visitarán o xacemento xa que neste momento está a xerarse moito debate científico respeito á cronoloxía.  De feito, o achádego  do “campo do Castro” será esculcado en duas comunicacións presentadas a este congreso : “Un novo monumento con forno na comarca de Ortegal. O Castro do Sarridal (Cedeira)” apresentada por Emilio Ramil González e “A cultura material do monumento con forno do castro do Sarridal (Cedeira)” de Xosé R. Martinez Casal.

 

Deixar unha resposta

Ten que ser rexistrado para publicar un comentario.

off
A %d blogueros les gusta esto: