off

Concentración masiva pola liberacion dos presos e para reivindicar o 1-O na Cataluña

by

O presidente catalá Quim Torra, e o presidente do Parlament, Roger Torrent, encabezaron este sábado en Barcelona a manifestación reclamando a liberdade dos presos políticos catalans convocada por Òmnium, ANC e Associació Catalana pels Drets Civils (ACDC) que, segundo a Guàrdia Urbana, concentrou 110.000 persoas e, segundo os   organizadores 200.000.

Xuntamente cos clamores pola liberdade dos presos políticos e o retorno dos exilados, a manifepmstación tivo un forte ton de protesto con apelos de “Liberdade” e exixindo “unidade” do independentismo, que o público cantou insistentemente na cabeza da manifestación.  “Nen un paso para trás” ou “non vamos esquecer o 1-O” foran alguns dos bolos que foran repetidos con mais insistencia.

A concentración, por trás do lema «Nen prision nen exílio, querémosvos na casa», tiña sido convocada por ocasión do traslado dos prisioneiros para as prisións catalás que foi concluída esta semana, mas foi inevitabelmente marcada pola decisión da xustiza alemá a aceitar a extradicion de Carles Puigdemont apenas polo crime de desfalque e non pola rebelión, xa que considera que non hoube violencia por parte do independentismo.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off