off
Cultura, Festas, Fin de semana, Música, Teatro — 13 Xullo, 2018 at 08:19

Axenda da fin de semana

por

40º Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira

Ortigueira

Sexta feira, sábado e domingo

Milladoiro, Ímar e YvesLambert Project son os pratos fortes desta nova edición do Festival de Ortigueira, que fai 40 anos. O programa, que vai do 12 ao 15 de xullo, contará coa presenza dos irlandeses Kila e Lúnasa; con Beltaine, desde Polonia; Rubén Alba, desde Asturies; coa Escola de Gaitas de Ortigueira e os finalistas do proxecto ‘Runas’; e peche de ouro da man de Lúnasa e The Celtic Social Club.

Web: http://festivaldeortigueira.com/gl

 


Circo nos parques de Compostela

Conxo

Exterior do CC de Conxo

Sexta feira

11.30

O programa ‘Circo nos parques’ propón un espectáculo de novo circo a cargo de Circo Chosco, actividade dirixida a todas as crianzas.


XXI Festival Cultura Quente

Caldas de Reis

Diversos espazos

Sexta fira e sábado

Exposicións, cata de bodegas e actuacións musicais dan lume a unha programación que aposta na variedade para converter este festival nun referente artístico e solidario.


XIX Memorial Ricardo Portela

Pontevedra

Praza da Ferraría

Sexta feira e sábado

Será unha homenaxe a María Grande Sobral, “Maruxa das Cortellas” (Soutomaior), xunto á XVI Mostra de Artesáns de Instrumentos Tradicionais, ruadas e mais concertos.


Abride a Fiestra 2018

Padrón

Casa da Matanza

Sexta feira, sábado e domingo

Estréase o festival ‘Abride a Fiestra’ organizado pola Fundación Rosalía de Castro na Casa de Matanza de Padrón, onde viviu os derradeiros días da súa vida Rosalía. Alén das propostas musicais, encabezadas por Mercedes Peón, entre os días 13 e 15 de xullo teñen programadas visitas guiadas, teatro, recitais poéticos e, o sábado, realizarase a tradicional subida en dorna de Valga a Padrón. O día grande será o domingo, cunha xornada de portas abertas na Casa Museo.


Flop Festival

Pontevedra

Parque dos Gafos

Sábado

12.00

Doce horas de música electrónica nunha romaría urbana con actividades para as crianzas, sesión vermú, xantar popular e cocteleiras.


Ruta nocturna polo Monte Neme con Senda Nova

Carballo

Sábado e domingo

Saída ás 21.00h

Trátase dunha ruta nocturna por Monte Neme aberta á participación de toda a veciñanza, con cea e pernocta ao rematar a marcha, e almorzo ao día seguinte.


34ª Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia

Ribadavia

Diversos Espazos

Desde este sábado até 22 de xullo

Un total de 21 representacións, espectáculos de rúa polas prazas e espazos da vila, comediasmusicais, estreas absolutas, linguaxes híbridas, diversidade musical e moito máis.


Rosalía e Valle-Inclán saen á rúa

Compostela

Saída da praza de San Agostiño

Domingo

18.00

Paseo teatralizado polas rúas con visitas dialogadas entre Rosalía de Castro e Ramón María del Valle-Inclán, todas as sextas feiras e domingos de xullo.


 

Deixar unha resposta

— required *

— required *

off
A %d blogueros les gusta esto: