off
Arte, Cultura, Língua, Literatura, Livros, Música — 12 Xullo, 2018 at 8:41 a.m.

“Ti levas o compás” 11a edición do Culturgal

by

Nesta edición haberá  especial atención á literatura histórica. Como novidade, a Deputación da Coruña incorpórase como figura colaboradora á feira a través do departamento de Turismo, que terá un protagonismo especial en 2018 con propostas centradas no turismo cultural. Pepe Barro asina de novo o cartel e a gráfica do evento.


Ti levas o compás é o lema co que se presentaba esta mañá a undécima edición de Culturgal. A Feira das Industrias Culturais desenvolverase en Pontevedra entre o 30 de novembro e o 2 de decembro coa intención de outorgarlle o protagonismo ao público. A Cidade do Lérez acollía esta mañá a presentación da nova xeira do encontro, que mantén o espazo dedicado á arte contemporánea aberto en 2017. Tal e como se anunciara, Carlos Núñez protagonizará o grande concerto do 1 de decembro, mentres o día 30 haberá unha sesión de artes escénicas a cargo de Inversa Teatro e a súa obra Sofía e as Postsocráticas.

O domingo 2 serán o OVIRAVAI e Xoán Curiel os que poñan en escena a música para o público máis cativo. A organización lembra que se abre o prazo para presentar actividades á programación (do 9 de xullo ao 1 de outubro) e reservar postos nesta nova xeira (ata o 15 de novembro).

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off