off

Puigdemont non será entregado por rebelión

by

Os feitos delitivos polo xuiz Llarena non son constitutivos de delito. A extradición concederase mas non por rebelión, nen por sedición, nen por desorde pública.  A resolución esnaquiza así a causa española diante o Tribunal Supremo e  só admite o delito de desfalque, mas non poderá ser procesado, segundo O rexeitamento alemá a rebelión acrescena a presión para ceibar os presos


O president catalán Carles Puigdemont agardaba na Alemaña unha decisión da xustiza sobre sua extradición. Agora o Procurador Xeral Schleswig-Holstein anunciou sua decisión de ratificar que non será entregado por rebelión mas por desfalque. En abril, o Tribunal Rexional Superior de Schleswig-Holstein rexeitou a extradicion do ex-líder soberanista por rebelión.Deste xeito, toda a arquitectura xurídica articulada a través interlocutorias “creativas”  fica esfarelada: “O tribunal declara inadmisibel  a extradición polo cargo  de rebelión.As accións atribuidas ao expresidente Puigdemont no constituen nen delito alemá de alta traizón (artigo 81 deo Código Penal) nen o de alteración de orde pública”(artigo 125 do Código Penal)”. E acrescenta: “O referendo do 1-O en si mesmo non provocou este nivel de violència pola mesma razón que non foi  capaz de conducir directamente á separación de España e, segundo a vontade do perseguido Puigdemont, só procuraba se-lo preluido de futuras negociacións”. O tribunal alemá non decretou mesuras cautelares para Puigdemont. Ficará en liberdade en territorio alemán. O delicto de desfalque esá punido cunha pena máxima de 5 anos. Se ben ainda resta por coñecer a resolución Puigdemont conta co recurso de amparo diante do TC alemá.

A decisión da xustiza alemá cuestiona a suspensión de Puigdemont como deputado coa queda da acusación de rebelión.Torra celebra a decisión de Schleswig-Holstein porqué demostra os “enganos e mentiras” da causa xudicial

Porén, no comunicado de imprensa publicado afírmase: “O tribunal non ve ningún atranco formal á extradición nen preocupacións en relación co permiso de extradición concedido polo Fiscal Xeral do Estado de Schleswig-Holstein. Isto tamén se refire ao cumprimento do principio de especialización. O tribunal supón que os tribunais españois respectarán este principio e o perseguido Puigdemont e non procesrán ao perseguido de corrupción ou rebelión logo da súa extradición “

O novo presidente español Pedro Sánchez tiña aconsellado na segunda-feira no seu primeiro encontro co presidente catalán Quim Torra as maneiras de sair da crise para as aspiracións de independencia da Cataluña. O social-democrata Sánchez leva unha liña formalmente mais suave na cuestión Cataluña do que seu direitista predecesor o conservador Mariano Rajoy, mas para alén dos acenos “sensibles a las peculiaridades regionales” ,  non se diferencia na cuestión de fondo.

Senserrich (JxCat) reivindica a inocencia de Puigdemont, os consellers e os Jordis após coñecer a decisión da xustiza alemá

Os soberanistas cataláns tiñan apoiado a moción  de censura contra Rajoy en 1 de Xuño, e asín contribuiran a que Sánches depois asumira o goberno. Sánchez entón anunciou sua disposición para o diálogo.  Porén a exixencia de Torra ten sido pactar o referendo de autodeterminación, que rexeita Sánchez. 

As probas de desfalque, u-las?

O xuiz Llarena fechou o sumario do proceso contra o Govern e o Parlament polo 1 de outubro en falso. A interlocutoria admite que non hai probas para demostrar o delito de desfalque con toda a documentación que lle achegou Facenda, mas teima en mater a acusación a partires dos informes da Garda Civil.

Llarena decidiu deixar sen efeito a solicitude realizada ao Ministerio de Facenda para que elaborara un relatorio técnico-contabel respeito á documentación achegada pola  Generalitat de Catalunya a raiz dos catro requerimentos deste ministerio á interlocutoria á interventora xeral de Intervención de contas da Generalitat  durante os anos 2017-2018, a máis da analise contabel da evolución da intervención das contas  da Generalitat ese bienio. Deixa a porta entornada a que a fiscalia o poda pedir durante o xuizo.LLarena afirma que o relatorio de Facenda “non é fonte de proba” e que diante a celeridade que se precisa para fechar o proceso e  “a dificuldade  que expresen os servizos do Estado de cumopriren o requerimento” de achegar a documentación sobre desfalque da Generalitat polo 1 de outubro, renuncia a achegar esta documentación, e subliña que xa ten de abondo coa que achegou a Garda Civil até o momento.

O delito de desfalque  é arestora o único que soergue a acusación contra Carles Puigdemont despois que a xustiza alemá se posicionara e decidira extraditalo apenas por este delito e non por rebelión xa que non percebe violencia. Porén, Llarena tamén non pode probar o de desfalque. A decisión da xustiza alemá dupla a presión para liberar os líderes independentistas cataláns encarcerados.


Ao mellor tamén che interesa

Un documentário de Mediapro desmonta a idea de violencia defendida por Pablo Llarena

Comments are closed.

off