off
Galiza, Ortegal, Teatro — 9 Xullo, 2018 at 8:00 a.m.

A Mostra de teatro de Cariño presenta o programa do seu 40 aniversario

by

A Mostra comezará o 11 de agosto e ofrecerá espectáculos de compañías galegas e internacionais


Mostra de Teatro Galego de Cariño anunciou a programación que desenvolverá do 11 ao 17 de agosto para conmemorar os seus 40 anos de traxectoria, celebración que confirma este encontro como decano na difusión dos espectáculos producidos en Galicia.

Esta cuadraxésima edición fornece vinte de citas culturais, entre as cales as propostas teatrais e circenses de 10 compañías galegas (Natalia Outeiro “Pajarito”, Culturactiva, Contraproducións, Baobab Teatro, A Panadaría, Trompicallo, Mofa e Befa, Ghazafellos Teatro, Redrum Teatro e Chévere), dúas portuguesas (Partículas Elementares e Godot), unha de Castela e León (Cirk About It), unha vasca (Shakti Olaizola) e unha belga (Okidok), ademais de dous concertos (Ukestra do Medio e María Fumaça) e un obradoiro de circo para toda a familia. Calcúlase que máis de dúas mil cincocentas persoas se achegarán a este concello para a Mostra.

A programación alicerza en catro eixos, contando con seis espectáculos que se desenvolverán na rúa; diferentes actuacións de programación infantil que terán lugar en horario de mañá; ou cinco funcións nocturnas que se darán lugar entre os días 13 ao 17.

As actuacións de noite acollerán unha das novidades desta cuadraxésima edición, pois, por primeira vez, será o público quen se encargue de premiar a mellor función do ano. Ademais, a XL Mostra de Teatro Galego de Cariño tamén contará con diversas actividades paralelas, entre as que se inclúen obradoiros, charlas coas compañías, concertos ou unha xornada de traballo a cargo da asociación profesional de artes escénicas Escena galega.

 

One Comment

  1. Antom Labranha

    Muitos parabéns, gente de Carinho.

Deixa unha resposta a Antom LabranhaCancelar a resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off