off
Arquitectura, Cedeira, Galiza, Historia — 8 Xullo, 2018 at 07:41

Nova fase de escavacións arqueolóxicas no Campo do Castro

por

O financiamento desta intervención en Punta Sarridal é a conta do  Concello de Cedeira


[Pingota Comunicación] O Concello de Cedeira retoma os traballos no xacemento de Punta Sarridal con labores de consolidacion das partes máis febles das estruturas xa recuperadas para continuar, a partir de hoxe, coa escavación do monumento con forno baixo a dirección do arqueólogo Emilio Ramil. Como resultado da retirada do material sobrante, o monumento sigue a dar sorpresas e amosar orixinalidade con respecto aos outros escavados. Esta diferenza radica na existencia dun muro duplo que permitía manter mellor o vapor na cámara da sauna. A devandita estrutura atópase na zona de paso entre a antecámara e a cámara dunha construción da que só foron localizadas cinco, incluída a de Cedeira, en Galicia.
O equipo de goberno valora estes novos datos, “que non fan máis que corroborar a importancia do xacemento de Punta Sarridal”, polo que representan á hora descubrir a historia máis antiga e coñecida do concello.
Co inicio destes novos traballos na zona, tamén coñecida como Campo de Castro, xa son tres as intervencións arqueolóxicas realizadas. A diferenza das dúas anteriores, financiadas pola dirección xeral de Patrimonio, a actuacion que deu comezo esta semana correrá a cargo do Concello, que achegará os 12.000 euros (IVE incluído) necesarios para levala a cabo.
O día 1 de decembro do 2017 comezaban os primeiros traballos arqueolóxicos en Punta Sarridal, na mesma zona na que en primavera xa foran localizados restos de cerámica e de muros de orixe castrexa como resultado das catas realizadas pola administración local. Tan só terían que pasar trece xornadas máis para que Cedeira entrase pola porta grande no mundo da arqueoloxía castrexa co descubrimento dunha “pedra formosa” -das que até o de agora só había catro en Galicia. Foi durante a segunda escavación financiada, cun investimento de 18.000 euros, pola Dirección Xeral de Patrimonio. Os traballos actuais prolongaranse ata o día 20 de xllo. Serán necesarias novas actuacións para a recuperación e consolidación de todo o conxunto castrexo.

Alzado dunha sauna castrexa Font: terrantiquae.com


Este texto é un servizo da axencia Pingota Comunicación. O Ollaparo non interveu na selección, nen no editorial, nen no contido da notícia.

Os comentarios están pechados

off
A %d blogueros les gusta esto: