off
Cedeira, Educação — 8 Xullo, 2018 at 7:32 a.m.

Cedeira aproba o convenio de ampliación da escola infantil

by

O goberno tripartitto confía que a obra poida ser unha realidade cara ao curso escolar 2018-2019


[Pingota Comunicación] O plenario vén de aprobar o convenio de colaboración entre o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e o Concello de Cedeira para a ampliación e reforma da escola infantil, unha reivindicación do equipo de goberno e máis dun grupo de nais e pais “que fixeron unha recollida de sinaturas moi importante para que este proxecto puidese saír adiante”, tal e como recordou o alcalde, Pablo Moreda Gil, no transcurso da sesión plenaria. O alcalde tamén aproveitou a súa intervención para recriminar ao anterior goberno a súa falta de colaboración en relación a todo este asunto. “Botamos de menos”, apuntou Moreda Gil, “que ningún membro do anterior executivo do PP nos informase dos traballos previos ou se os tiñan feito”, ao que tamén acusou de utilizar electoralmente o asunto durante a campaña do ano 2015 sen ter realizado trámite algún diante da Xunta. Polo contrario, o presidente da corporación cedeirense quixo agradecer o traballo realizado polos seus compañeiros de goberno e por parte dos funcionarios do Concello, así como o esforzo das traballadoras da Escola Infantil “para que hoxe teñamos a posibilidade de aprobar esta proposta de convenio tan demandada por todos”. O goberno municipal confía en que a obra subscrita a esta colaboración co Consorcio poida ser unha realidade cara ao curso escolar 2018-2019 “dada a demanda e necesidade que existe”.
O executivo local permañece estos días á espera de que o Consorcio fixe a data para asinar un acordo, “un obxectivo para o que este grupo de goberno está a traballar desde o día 27 de xullo de 2015”. O acordo aprobado onte compromete ao Concello a redactar e aprobar o proxecto básico e de execución da reforma e ampliación da escola, así como a asumir a dirección dunha obra orzamentada en 141.337,70 euros. Deste importe, o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar achegará en dúas anualidades a cantidade de 100.000 euros, mentres que o Concello contribuirá con 41.337,70 euros. Para os efectos e seguimento e control das actuacións previstas neste convenio, crearase unha comisión, da que formarán parte representantes das partes asinantes nun acordo que estará vixente ata o día 31 de decembro de 2019.
As actuacións incluídas no convenio son as seguintes:
-Na escola existente: Un aseo de uso público, un despacho, un aseo con cambiador e unha sala de mestres.
-Obra de ampliación: un aula para nenos de 2-3 anos, un aseo para menores, un cuarto de limpeza-lavandería, cociña, despensa, distribuidor,hall e acceso á primeira planta. Alén diso, o acceso actual ao edificio novo integrarase na amplación da escola como saída de emerxencia, polo que é necesario habilitar unha nova entrada para chegar á planta primeira deste modulo. Para entrar ao edificio, proxéctase modificar o acceso á parcela xenerándose unha nova rampa e unha plataforma horizontal na fronte da edificación. Tamén se amplía o patio da escola, polo que haberá que adaptar os enreixados existentes ás novas disposicións

Este texto é un servizo da axencia Pingota Comunicación. O Ollaparo non interveu na selección, nen no editorial, nen no contido da notícia.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off