off

A Eurocámara muda a lei eleitoral europea para impedir que pequenos partidos teñan representación

por

A mudanza pode deixar sen representación ao BNG alén de ERC, o PDECat, Compromís  e Bildu a partires do 2024.  A modificación beneficia os partidos estaduais.


Ana Miranda no Parlamento Europeo, Bruxelas, 28 de febreiro 2018.Foto: Delmi Álvarez

Tal como foi informado nestas páxinas, a reforma acrescenta o limiar de representación do actual 2% até o 5%. A resolución aprobouse con 397 votos a favor, 207 en contra e 62 abstencións e a norma agora ten de  ser refrendada polos Estados membros da UE. A galega Ana Miranda subliña que a reforma “vai en contra do respecto á pluralidade nacional, o respecto ás nacións sen Estado e o respecto á pluralidade política”.

A mudanza beneficia os partidos estaduais, como o PP, o PSOE e Ciudadanos, e prexudica seriamente a formación dunha comunidade autónoma, embora sua presençza territorial, como o BNG , teña forte raiceiras. Fontes da Eurocambra dín que a nova fórmula non será aplicada às eleicións de 2019 porque non hai tempo para mudar as leis eleitorais estaduais para adaptá-las às regulamentacións europeas. Se non houber surpresas e mudanzas no Estado non ocorrerem en tempo record, o limite mínimo entre 2% e 5% comezará a se aplicar às eleicións de 2024.

Para as eleicións de 2024, os pequenos partidos terán de redefinir as estratéxias eleitorais para evitar a ficar sen deputados. Nas eleicións de 2014, Ciudanos obtiveran menos do 5% dos votos , embora probabelmente mellorará o resultado nas próximas eleicións, e a coalición de partidos nacionalistas Os Pobos Deciden, formada por Bildu e  BNG, entre outros.

A modificación só se aplicará aos Estados membros que teñan mais de 35 asentos e cuxo eleitorado eleitoral sexa estatal nas eleicións europeas, como no caso da España. De feito, esas duas premissas afectan apenas a España e a Alemaña. “Opomo-nos a esta medida porque se opón à pluralidade e à diversidade ideolóxica”, alertou o eurodeputada do BNG, Ana Miranda cando os Estados-Membros concordaran em alterar a lei eleitoral no início de xunho. Agora os gobernos europeus deben dar sua aprovación à modificación, embora non se espere que haxa problemas en adopta-la.

Deixar unha resposta

Ten que ser rexistrado para publicar un comentario.

off
A %d blogueros les gusta esto: